QUEREN COMEZAR AS OBRAS POLA FORZA NO SALGUEIRÓN-CANGAS


CANGAS NON SE VENDE

Temos a información de que a empresa Puentes y Calzadas quere meter as máquinas dun momento a outro en Massó

Alí estaremos a partires das oito da mañán. Os que teñan posibilidades de ir serán benvidos/as. Neste intre, máis que nunca, tod@s somos necesarios.

FORO SOCIAL DE CANGAS

Non lles vale agardar ao Plan Xeral que comeza, a súa prepotencia non ten límites, non lles asustan os xuices, as leis son para os demáis, comen cos políticos, os políticos comen deles, os xornalistas están as súas ordes. Uns cantos veciños defendendo a lei son "algo marxinal", o único que importa son case 200.000 m2 comprados a prezo de ganga que se poden convertir en case 300 millóns de euros de beneficio neto. 50.000 millóns das antigas pesetas!!

Tiñan como data o 7 de abril, ameazan con un auto xudicial que require á Garda Civil a que adopte as medidas dentro das súas competencias para que "os traballadores afectados poidan acceder ao recinto das obras do denominado Porto deportivo de Massó". Qué traballadores? Qué recinto?. O auto ten data de xaneiro de 2007, cando a empresa constructora era Construcciones Dios, agora…quén é agora? Puentes y Calzadas?. E seguen sen ter licenza municipal de valado de obras, nin de suministro eléctrico, nin de auga nin de saneamento.

Ese auto fora contestado por parte do Foro esixindo o cumprimento do artigo 3 da LECr, que obriga, aos efectos da represión, a resolver primeiro as cuestións civis e administrativas intimamente ligadas, como é o caso de si estas obras son realmente legais ou non. Esta interpelación non foi aínda respostada, outra razón que o invalida.

Non hai un Plano de Usos Portuario aprobado, dous contenciosos da confraría de Cangas cuestionan a concesión dun porto deportivo que lles usurpa seus dereitos, hai terreos de dominio público inscritos no Rexistro de Propiedade coma se fosen unha propiedade particular, esta denunciado por prevaricación o secretario xeral que formulou unha declaración de impacto ambiental de imposible tramitación...E evidente que non poden agardar máis, se lles veñen enriba as resolucións xudiciais e o que saben que funciona é a política de feitos consumados, un recheo non o retira ninguén.

BASTA XA DE PREPOTENCIA!!

[Voltar ao inicio desta nova]