A Federación de Sindicatos Mundial (FSM), convoca a unha xornada de loita mundial e mobilizacións para este próximo 1º de abril contra os ataques continuos que estamos a sofrer, acentuados agora máis que nunca como consecuencia da crise global do sistema capitalista.
Coa Federación Sindical Mundial e con todos/as os compañeiro/as de clase de todos os paises do mundo nós denunciamos tamén a explotación e brutalidade patronal amparada en organizacións "progresistas" de seudoesquerda e nos gobernos e aparellos sindicais vendidos e lacaios do grande capital.
En Galiza o PCPG mobilizarémonos ese dia a prol do chamamento da FSM e da CUT. Con elas e con tod@s os traballadores do mundo chamaremos a loitar polas seguintes reivindicacións:
-Non máis despedimentos e defensa dos dereitos socio-laborais da clase obreira
-Distribución da riqueza e mellora nos salarios
-Confiscación e socialización de todo o sistema financeiro capitalista (banca, seguros) e outros sectores estratéxicos como a enerxía . Pola nosa soberanía alimentaria. Defensa e apoio do sector público da economia productiva. CREACIÓN DUNHA BANCA PÚBLICA E NACIONAL GALEGA
-Cesamento das guerras. NON Á OTAN. Non ao investimento das armas e reconversión das industria militares para que os seus orzamentos sexan adicados ao desenvolvemento dos povos a creación de emprego. Retiro inmediato das forzas de ocupación en Iraque, Afganistán e Palestina.
-Non máis represión e asasinatos de sindicalistas e loitadores/as sociais.
-Contra o imperialismo, libre determinación dos povos!.
-SOBERANIA E AUTODETERMINACIÓN PARA GALIZA.
-Marco galego de relacións laborais
-Igual traballo, igual salario
-Xornada laboral de 35 horas semanais
-Renda social básica para as persoas desempregadas maiores de 18 anos.
-Defensa dos sectores públicos.
-Eliminar os cursos de formación das mans dos sindicatos
-Eliminar as subvencións públicas ao ensino e sanidade privadas.
-Por unha sociedade laica na que todo cargo público teña prohibida a asistencia aos actos relixiosos.
Loitemos desde agora por unha FOLGA XERAL que trabe as agresións contra a clase traballadora e impida que o grande capital saia coas súas.
Avancemos por unha sociedade ao servizo do povo e do ser humano. Socialismo ou barbárie!
O VINDEIRO 1º DE ABRIL ESTAREMOS COA C.U.T NAS RÚAS DE VIGO E COA FSM NO RESTO DO MUNDO.
CONCENTRACIÓN, ÁS 12 HORAS, NO CRUCE DE COLÓN EN VIGO!! [voltar ao inicio desta nova]