O pasado 14 de Abril a Vila de Moaña inaugurou unha nova rúa que leva o nome de Xosé Fandiño Pidre, asi coma outros actos honrando a memoria e o papel que xogou este alcalde da Fronte Popular neste Concello do Morrazo.
Chegou á alcaldía o 22 de marzo de 1936 e unha vez no poder municipal, Xosé Fandiño soubo apoiar aos viciños no pouco tempo que tivo á fronte da xestión municipal.
O 22 de xullo dese mesmo ano foi destituido a causa do levantamiento militar de Franco.
O 22 de xullo dese mesmo ano foi destituido a causa do levantamiento militar de Franco.
En decembro de 1936 iniciase o consello de guerra en Vigo onde, canda outros moañeses, foi xulgado por “auxilio a la rebelión” sendo condenado a morte. Fandiño, home querido polo povo de Moaña, é abrazado polos seus compañeros e o 31 de decembro de 1936 foi fusilado no Castro de Vigo e soterrado nunha foxa común. (Ver información deste acto no Faro de Vigo)
Palabras de Xosé Collazo Castro
(No nome de "Morrazo pola Memoria Común", da "Sociedade Galega pola República" e doutros colectivos)
"Sr. Alcalde do Concello de Moaña, autoridades, familiares de quen hoxe homenaxeamos, conveciñas e conveciños.
Recibide un saúdo fraternal da Sociedade pola República Galega e por extensión dos colectivos republicanos e pola memoria do Morrazo nos que algúns de nós militamos.
Antes de dar paso á miña intervención, quero expresar o agradecemento ao Concello polo convite a dirixirme en nome de todos estes colectivos a todos/e a todas os que estades aquí presentes neste acto de homenaxe ao noso querido Alcalde Fandino Pidre, martir republicano pola nosa liberdade.
Ás veces, a memoria colectiva adoita ser fráxil. E tamén non resulta doado o necesario traballo da súa recuperación.
Ao poder que tivemos e, aínda demasiadas veces temos que sobrelevar, sempre lle conviu a amnesia do pobo. É máis doado controlar aos que descoñecen as razóns (ou senrazóns) do acontecido no pasado que ós que saben dos antecedentes do que pasa. Xa sabemos que tal cousa combinada coa manipulación histórica e informativa sempre foi un excelente complemento da forza represora dos tiranos para manter a súa hexemonía sobre as maiorias.
O xeito de facelo non variou moito co paso do tempo: onte coma hoxe, decretan o esquecemento ou mesmo a trivialización da súa barbarie, a caricaturización das referencias de progreso e liberdade, o silenciamento e mesmo a inxuria dos nomes das persoas e dos acontecementos históricos que non lle interesan.

Iso foi o que aconteceu entre nós durante tantos anos, mesmo até os nosos dias, nos que quixeron borrar do mapa as salvaxadas cometidas pola ditadura franquista contra o noso pobo, especialmente as que perpetraron no ano 36 e anos sucesivos, escamoteando feitos históricos e protagonistas polo visto incómodos para esa minoría de tiranos. Infelizmente para eles a lembranza permanece entre o pobo e a verdade, pouco a pouco é laboriosamente recuperada, ábrese paso. Hoxe a simples mención da ferocidade sanguinaria do franquismo producénos profundo arrepío e, aínda (despois de tantos anos) o sobresalto instintivo de moitos dos nosos pais ou avós.
O noso Castelao fala referíndose a esta etapa en que a máis bárbara persecución e asasinato caira como Atila sobre Galiza, dos “Mártires da Liberdade”, especialmente dos que eran fusilados despois de xuizos ignominiosos e aberrantes, como foi o caso do noso querido Alcalde Fandiño. Referíase tamén aos cadáveres que aparecían en número incontabel’ polas cunetas de toda Galiza ou flotando polas augas das nosas rías.
Un autor coma Avelino Abuin de Tembra, recentemente finado, plasma a tráxica situación:
..“os que lograban salvar a vida sofrían estigma e a represión durante o resto da súa vida por toda Galiza. Eran os nosos mártires ofrendados á civilización ao longo dos anos da chamada “guerra civil”.. Unha inmensa represión e vinganza promovidas por tipos aberrantes e monstruosos.. Asasinos abxecto e malvados que xearon o corazón da xente e que despois impuxeron o silencio do medo e do terror. Un plan de represalias e castigos que durou até fai pouco: case catro décadas...A solidariedade era un vocáblo maldito e prohibido... Querían deixarnos marcados para sempre” .

Porén, amigos e amigas, hai moitos “demócratas de toda la vida” que din que non hai que falar “daquilo”, que non hai que lembrar esas “cousas”, é dicir, que non hai que falar de crimes contra o pobo -dicímolo en voz alta- que se orixinaron coa traizón armada e terrorista do "alzamiento nacional” contra a vontade popular emanada das urnas.
Tan só fai uns meses o presidente do principal partido da oposición española, de cuxo nome prefiro esquecerme, dicia con total desvergoña política que: “El debate que se ha abierto ahora sobre la llamada Memoria Histórica y la República es un disparate de colosales dimensiones...algo así como hablar de los suevos (sic).. Intervenir en esto es completamente intolerable y esto lo había dejado ya resuelto la Transición. No tiene sentido.."
O que hai que oir!. Ainda que por outra banda, e por moito que nos doia, tamén temos que dicir que non axudan precisamente algunhas disposicións gubernamentais que elevan a desmemoria a categoría de lei cunha insuficiente e cativeira lexislación que califica de “bando” ao Goberno lexítimo da República ao que, na práctica, se equipara cos criminais e sediciosos que se levantaron en armas contra ela. Unha lei que non restitúe e dignifica plenamente a memoria das vítimas nin revisa ou anula os suizos sumarisimos que, coma o que tivo que sofrir o noso querido Alcalde Fandiño Pidre, condenaron a tantos milleiros de persoas, definindo o acontecido despois do 36 coma un “conflicto entre españoles”.
Foron moitas as ilusións colectivas e vidas mozas tronzadas, varias xeracións e familias desfeitas no mellor da súa vida polo “delicto” de loitar por unha sociedade democrática, moito máis xusta, moito máis libre e igualitaria. Esa é a razón de fondo, compañeiras e compañeiros!!. Por iso os que non queren que mude nada insisten en soterrar o pasado antes que restaurar a historia falseada, por iso ollan para outro lado antes que reparar a dignidade arrebatada aos esquecidos ou a sanguenta ferida dos sobrevivintes.
No noso concello de Moaña e en todo o Morrazo unha parte importante dese pasado estivo a piques de ser borrada da memoria colectiva. Intentos e mañas “piadosas” non faltaron en máis de 50 anos da pesada lousa do tempo e do fascismo. Non puideron nin conseguirán logralo, aínda que despois de tanto tempo traballamos contra o reloxio pois cada vez fican poucas testemuñas vivas da época.
Con todo e malia ás dificultades e desaparición física de moitas víctimas da traxedia, que levaron con eles unha parte da historia, fomos quen de indagar na escura espesura da noite do pasado para resgatar coa axuda de familiares, amigos e estudiosos -cando menos en parte- uns feitos que até ben pouco parecían soterrados ou caídos no sumidoiro silencioso do esquecemento.
Co traballo e a investigación realizada e grazas ao marabilloso esforzo realizado por estudosos e colectivos coma Xosé Carlos Villaverde e a Asociación Cultural NÓS e outros, especialmente nos últimos 20 anos, sabemos moito máis da nosa Memoria Común, coñecemos máis dos nosos fusilados e “paseados”, das familias que foron esnaquizadas coa morte ou persecución dos seus seres queridos; sabemos quen sofreu o maltrato e a dor dos presidios durante anos, o desamparo da suspeita, a incomprensión e o medo durante tan longa noite de pedra.
Coñecemos dos que a pesares da represión abafante e o maltrato que chegaron a sofrer mantiveron en condicións extremadamente difíceis a súa profunda coherencia e fidelidade democrática republicana, galeguista e de esquerdas. Como se chamaban algúns dos que tiveron que partir forzados para o exilio e, como non, tamén quen foron algúns dos seus verdugos, torturadores ou ben delatores e colaboradores necesarios do seu, do noso, infortunio.

Con ese coñecemento sabemos a relevante traxectoria ao servizo dos seus viciños (sociopolítica, cultural ou sindical) sofrindo a persecución como pago.
Xa non se pode minimizar a súa persecución alegando inexistentes “motivos” persoais ou renciñas. Case todos/as aqueles que estaban na vangarda do noso pobo naquel brevisimo periodo de 5 anos que durou a República foron perseguidos, represaliados ou mortos.
Todos os dirixentes sindicais, os nosos mestres máis queridos e avanzados, os traballadores da cultura e por suposto todos!! os nosos alcaldes democrático-republicanos na peninsula do Morrazo (Moaña: José Fandiño Pidre, Cangas: Agustín Jorge Etcheverri, Bueu: Johan Carballeira, Marin: Antonio Blanco) foron inicuamente fusilados.
TODOS ELES TRABALLABAN E LOITABAN COMA NÓS CONTRA O ESCURANTISMO, CONTRA O CACIQUISMO, CONTRA A TIRANIA, A INCULTURA E O ATRASO. TODOS E TODAS ELES E ELAS LOITABAN POR UNHA SOCIEDADE RADICALMENTE MÁIS XUSTA, FRATERNAL, IGUALITARIA E DEMOCRÁTICA.
Recentemente nun emotivo acto díxose que “nomealos é lembralos, facelos presentes e nosos coas súas irrepetibles individualidades, coas súas vidas, circunstancias e ilusións tronzadas pola intolerancia e o fanatismo”.

Todos eles/as e outros/as moitos/as son espello e referencia de xeracións e serán parte, de seguro, como dicía Castelao, da “INFINITA MOITEDUME DE LUCIÑAS E VAGALUMES QUE NÓS SEREMOS SEMPRE”.
-Neste 14 de Abril: Honor á memoria de Xosé Fandiño Pidre e os seus compañeiros e compañeiras, pois coma eles pensamos que non haberá verdadeira liberdade sen Dignidade, Soberanía e República!. Coma entón, con eles erguemos a nosa voz e dicimos tantos anos despois as mesmas palabras de orde:
Viva a República!.
Viva a República Galega!"
14-o4-2009
[Voltar ao inicio desta nova]