CONCENTRACIÓN NA CORUÑA POLA LIBERDADE DOS CINCO

Ao cuidado do Cónsul dos Estados Unidos de América en Galiza

Liberdade para os Cinco!

A Coordenadora Galegga de Solidariedade con Cuba solicita ao consulado dos Estados Unidos de América en Galiza que transmita o seu governo a nosa petición de inmediata posta en liberdade de Antonio Guerrero,Fernándo González,Gerardo Hernández,Ramón Labañino e René González.

Internacionalmente coñecidos como os "Cinco", levan máis de nove anos presos de forma ilegal e arbitrária polo seu governo polo único “delicto”de evitar accións terroristas contra Cuba e o seu povo dende Miami.

Antonio,Fernándo,Gerardo,Ramón e René estaban infiltrados nas redes terroristas de Miami co único obxetivo de defender a seguridade do povo cubano e do seu país.

Dende o ano 1998,están detidos, permanecendo aislados en prisións de máxima seguridade, sendo violentados sistematicamente os seus dereitos .Posteriormente foron condeados a longas penas,incluindo a cadea perpétua como froito dun procedemento xurídico totalmente irregular onde se misturaron as bases legais coas políticas,condicionado pola forte presión exercida polo “lobby” cubano de Miami.

Actualmente,continuan privados dos dereitos máis elementais da lexislación norteamericana no referente a recibir visitas das suas esposas.

O seu governo é consciente da inxusta sentenza que mantén aos Cinco en prisión,practicamente incomunicados e coas suas capacidades legais mermadas.

Diferentes organismos internacionais como a Comisión de Dereitos Humanos da ONU ou a própia Amnistía Internacional teñen denunciado a violación dos máis elementais dereitos humanos por parte do seu governo no proceso xudicial e posterior condena a que se ven sometidos Antonio,Fernándo,Gerardo,Ramón e René.

A Coordinadora Galega de Solidariedade con Cuba,tal como centos de entidades,organizacións e institucións de todo o planeta,solicita mediante este escrito que o seu governo libere aos Cinco prisioneiros políticos cubanos.

Coordenadora Galega de solidariedade con Cuba

Voltar ao inicio desta nova