FORTES SANCIÓNS CONTRA OS COMPAÑEIROS CONVOCANTES DA MANIFESTACIÓN DO 6-D

(Ven da páx do inicio)...Causa Galiza encuadra estas denúncias dentro da campaña incesante de criminalización do movimento soberanista galego que emprenderon as autoridades españolas. As sancións contra estas tres persoas supoñen unha clara conculcación dos direitos de reunion e manifestación e pretenden amedrantar o conxunto da esquerda autodeterminista. O asedio contra militantes da Causa Galiza non é algo novidoso. Os dias prévios ao 25 de Xullo axentes da policia española retiverom por volta de unha hora varios membros da entidade autodeterminista cando estaban a distribuir cartaces e faixas da plataforma nas redondezas de Compostela, mesmo sancionando un deles ao calificar a policia como “arma” o pequeno utensílio que portava para furar e segurar as faixas. Esta situación repetiuse o pasado 6 de Decembro cando unha decena de números da Garda Civil asediou catro activistas da Causa Galiza ao retelos e rexistralos na AP-9 á altura de Caldas de Reis, no momento en que regresaban de Vigo despois de participaren na mobilización organizada pola plataforma.
[Voltar ao inicio desta nova]