10 DE MARZO: DIA DA CLASE OBREIRA GALEGA
Conmemoramos máis unha vez o Día da Clase Obreira Galega, unha data moi importante e simbólica, inserida para sempre no noso calendario e no adn do proletariado galego, unha xornada de reivindicación, sempre de combate e de esixéncia con nós mesmos.
Este
10 de Marzo é o 40 aniversario que tivo a súa orixe nos feitos
acontecidos en Ferrol naquel dia en que a represión policial do
réxime franquista sobre os traballadores da Bazán asasinou a Daniel
e Amador e causou numerosisimos feridos, encarcerados e epresaliados
entre os milleiros de obreiros manifestantes.
Uns feitos que
provocaron a solidariedade por toda a xeografía da Galiza obreira e
unha rebelión heroica naqueles anos da tiranía fascista que se
extendeu rapidamente á toda a nosa nación e especialmente a Vigo,
cidade na que a que a clase obreira organizada e as súas
organizacións revolucionarias fóron quen manter e acrescentar durante meses
(singularmente no mes de setembro) unha rebelión que ia máis aló
das reivindicacións laborais para converterse na práctica nunha
acción de protesto anti-fascista de todo o povo, nunha Folga
Xeral Política que tivo no seu decurso accións e experiencias
exemplares e precursoras que marcaron e reorientaron decisivamente a
historia do Movimento Obreiro organizado Galego, por si e para sí.
Hoxe,
coma daquela, a nosa situación está marcada polo incremento da
explotación e represión de direitos, e “inxustiza”,
“despidimentos”, "desigualdade", "emigración"
ou "precariedade" son termos que se perpetúan e
intensifican.
A
brutal Reforma Laboral en curso impulsada polo governo do PP é
continuadora dos ataques que nos dirixiron nos últimos anos ditadas
polos oligarcas e polos organismos internacionais do grande capital; as
medidas anti-obreiras e antisociais sempre están ao servizo da grande
patronal e contra os intereses do povo
trabalhador.
Acentúanse
os niveis de desemprego e a miseria vóltase en certos casos dramática;
recurtan os nosos direitos, abaratan os despedimentos e facilitan
cada vez máis as represalias da patronal sobre sobre parte máis
consciente dos/as asalariados/as; dificultan a laboura sindical e a
defensa dos nosos direitos; multiplican descaradamente os
beneficios de bancos e multinacionais ao tempo que recurtan os
salarios de amplas capas do povo traballador; deterioran
deliberadamente os servizos públicos á costa de suculentas
subvencións de entidades, colexios educativos e clínicas privadas.
E, todo hai que dicilo como é o noso deber, co consentimento e apoio de dous
sindicatos maioritarios españois, cada vez máis amarelos.
Hoxe,
como hai 40 anos, temos que erguermos do xeito máis enérxico. Neste
10 de Marzo temos que berrar moito mais alto e forte; temos que
rebelarmos e exercermos o noso direito a ter unha voz propia que,
coma noutros eidos da vida, nos permita decidir por nós mesmos.
Non
precisamos dos que nos levan á ruína e ao abismo. Non precisamos
dos patróns. Non precisamos nen aturamos máis deste réxime
capitalista inservíbel e corrupto que nos arruína e saquea de forma
inmisericorde!. Non precisamos de xenocidas e políticas de agresión
imperialistas. Non precisamos dun estado español, nauseabundo e
bourbónico que impede a nosa libre autodeterminación e perssigue,
reprime barbaramente e encarcela a unha parte digna, insubmisa e combativa da
nosa clase obreira e mocidade.
Esiximos
máis traballo digno e estabel na Nosa Terra, especialmente para a
nosa mocidade; contratación indefinida, garantías laborais e
salariais; prestacións sociais xustas e dignas, liquidación da
subcontratación e das ETTs explotadoras; aumento do poder
adquisitivo e dos salarios.
Esiximos o cese das agresións e
desmantelamento dos sistemas productivos tradicionais do noso país e un
marco própio de relacións laborais.
Esiximos medidas de control, e
mesmo de confiscación (expropiación) pública sobre a banca e os
grandes poderes económicos.
As
organizacións de clase temos que reflexionar sobre o que mudou e que
aínda está por facer. Hoxe, como naquel ano terribel de 1972, a
clase obreira e o conxunto do noso povo traballador; o conxunto das
forzas políticas, sociais e sindicais estamos chamados a erguermos
como fixeron os irmáns Daniel e Amador, a recuperar o combate
necesario que outrora nos situou na vangarda da loita de clases e nos
elevou á cimeira dos povos máis dignos.
Contra
a ditadura do capital, adiante a Folga Xeral Nacional