Conmemoramos o aniversario do día do internacionalismo proletario nun mundo marcado pola ofensiva capitalista contra da clase obreira e a teimosa agresion imperialista contra dos povos.
O xenocidio contra o Iraque e a ameaza permanente a Irán, entre outros moitos feitos similares, son o signo máis característico do noso tempo: guerra permanente polo control dos mercados, polo dominio absoluto xeoestratéxico global e pola posesión das reservas enerxéticas.
Esta conmemoración do do 121 aniversario do crime contra os obreiros de chicago en 1886, lémbranos tamén o cenario da situación dos traballadores no mundo de hoxe: Mortes en número crecente de obreiros en accidentes laborais froito da competitividade e a productividade a calquera prezo. Represion laboral salvaxe. Ameazas continuas de peches e deslocalizacións na búsqueda sen tregua do abaratamento da man de obra.
Alén diso, a nova reforma laboral en curso e o pacto social que nos anuncian son a guinda desta dramática situación. Trátase, coa complicidade do amarelismo sindical/cupular de CCOO e UGT de outorgar poder sen límite ás empresas para impoñer os seus desexos en materia salarial e de distribucion da xornada. Trátase, ao tempo tamén, de facer desaparecer ou imposibilitar os ámbitos de negociación (locais, nacionais) onde os obreiros adoitan por en común experiencia e forza negociadora.
Trátase, en suma, de proseguir coa maior tranquilidade e paz social coa imposición do modelo thatcheriano/reaganiano que transformou boa parte dos núcleos industriais do mundo desenvolvido en formigueiros de desamparo social e marxinacion.
Porén, asistimos tamén a un medre inevitabel, imparabel e global dos movementos de emancipacion e contestación social; de rebelión contra da barbarie capitalista e de loita decidida contra a inxustiza economica e social en todas as suas manifestacións.
Con fortes loitas antifascistas e anticapitalistas da mocidade. Co heroico exemplo dos internacionalistas que, desarmados, enfrontan nos territorios ocupados de Palestina ao exército israelí. Cos decisivos avances dos povos latinoamericanos que se sacoden o xugo do imperio e que seguen o exemplo de Cuba Revolucionaria e Socialista que se extende por Venezuela, Bolivia, Ecuador, Colombia e a loita exemplar das FARC..que se proxectan esperanzadoramente na consciencia de loita dos povos por toda a xeografía dun novo mundo... Un combate sen tregua do que é expresión heroica, espello e referencia universal de dignidade o caso dos cinco revolucionarios cubanos inxustamente presos en Estados Unidos con durisimas penas por loitar contra o terrorismo imperialista
Son tempos de grandes cambios, mais tamén de ameazas e retos nos que é preciso a máxima alerta e lucidez, pois, como ben sabemos, a recesión a grande escala do capitalismo veñen sempre marcados pola ameaza do fascismo e as coletadas, ás veces mortais, do sistema.
Compre a mais decidida oposicion ao reformismo procapitalista en todas as súas formas, ao neofascismo católico-integrista do PP; ao amarelismo e corrupción sindical; ao españolismo imperial. Compre a unidade e loita da clase obreira e @s traballador@s galeg@s por un Marco Galego de Relacions Laborais e por unha lexislación laboral respetuosa das conquistas históricas do movemento obreiro.
Pola unidade da clase traballadora galega e a xustiza social real!!
Pola emancipación e liberación da clase obreira!!
Polo dereito de Autodeterminación para Galiza!!
Por unha Fronte Anti-imperialista e pola Revolución Socialista!!
Viva o primeiro de Maio!!!
Comité Nacional do Partido Comunista do Povo Galego
[voltar ao inicio]