Esta formación é consecuencia do reagrupamento das forzas e xentes da esquerda de Cangas que leva ben anos mantendo a dignidade e os principios máis nobles dunha política orientada ao do pobo traballador, e non ao servizo de intereses particulares, de partido ou de sectores corruptos e retrógrados.
A candidatura da ACE está conformada por persoas de contrastada honestidade e cunha traxectoria absolutamente limpa e consecuente. A F.P.G, E.U, o P.C.P.G e persoas independentes de esquerdas, de recoñecida solvencia dan soporte a esta coalición.
Mariano Abalo Costa, funcionario do Servizo de Correos e home dunha experiencia abondosa na política municipal encabeza a lista que concorre aos comicios coma 1º candidato desta coalición. El foi presidente da Xestora Municipal e tamén foi deputado provincial.
En declaracións aos medios de comunicación, o compañeiro Abalo afirmou que “a unión das esquerdas é máis necesaria ca nunca, para defender os intereses dos traballadores e traballadoras e afrontar problemas tan graves como a corrupción”. Cualificou de fracaso a hipótese dun novo triunfo da dereita no concello de Cangas e reclamou a completa anulación dos convenios de Aldán e de Massó; o primeiro, porque os montes son propiedade dos veciños, e o de Massó, o Salgueirón e Punta Balea, porque ese territorio debe ser o pulmón de Cangas e porque o seu enorme valor ecolóxico e paisaxístico debe ser preservado.
Imos traballar arreo por rematar coa etapa negra do goberno do PP. Cangas é un povo de esquerdas e temos que recuperar un goberno ao servizo do noso povo, negociando previamente un programa de goberno en favor do pobo de Cangas e non da corrupción e da especulación que viñemos sofrindo ate o de agora. Loitaremos pola elaboración dun novo PXOM que garanta o cuidado do medio ambiente e que se faga coa participación veciñal.
Á apresentación pública da candidatura, celebrada o pasado día 30 de abril no Auditorio Municipal, acudiron numerosas persoas que asistiron á proxección dun magnífico video sobre as necesidades sanitarias do Morrazo, que á vez denuncia a barbarie urbanística que os gobernos do PP sustentan, apoian e amparan.
As bases fundamentais que sustentan esta coalición/fronte son as da unidade popular experimentada durante anos de loita e mobilización neste concello e sobre ela propoñemos unha lista mulleres e aos homes que conforman a candidatura....[voltar ao inicio]