Estimados compañeiros e compañeiras: Ante a escandalosa e insidiosa campaña de acoso á que estades sendo sometidos por parte de importantes poderes económicos, mediáticos e políticos que curiosamente actúan de xeito combinado e coincidente contra a figura do voso Alcalde e o referente progresista, democrático e participativo que representa a vosa Alternativa dos Vecinos de Oleiros, o Comité Nacional do Partido Comunista do Povo Galego (PCPG) quere transmitirvos o noso apoio nesta nova batalla que estades a dar contra os poderes corruptos do capital e as forzas serviles que o representan no voso Concello. Durante aproximadamente 30 anos a vosa forza política ten amosado con suficiencia, e ante a admiración dos moitos milleiros de persoas auténticamente progresistas e de esquerdas que hai no noso país, que é perfectamente viabel e posibel un proxecto sociopolítico solidario, profundamente transformador e de ampla base e participación popular. Non hai un povo ou municipio de Galiza onde se teña feito unha transformación tan profunda en todos os eidos da sociedade baseado na capacidade, competencia e xenerosidade das persoas que lles tocou gobernar nese Concello, nin opción política que contara cun apoio e participación tan masiva da veciñanza como a que o Povo de Oleiros ten amosado durante todo este tempo. Consideramos que os valores e principios deste inxente traballo profundamente democrático e alternativo, que ten proxección máis aló do voso Concello e da propia Galiza, deben ter continuidade. Fronte ás manobras das forzas da corrupción que representa e impulsa o enemigo de clase de sempre e os seus lacaios do "progresismo" e da pseudo-esquerda, poñémonos ao voso dispor e denunciamos públicamente a vergoñenta campaña de infamias orquestada pola prática totalidade das forzas políticas da chamada oposición que tendes que soportar: PP, PSOE, EU-IU, BNG e outros adláteres. Sen máis, recibide o noso testemuño de consideración e solidariedade máis fraternal. Cté. Nacional do P.C.P.G
VIDEO ELECTORAL DA ALTERNATIVA DOS VECIÑOS DE OLEIROS
.
Para máis abundamento, sirva coma exemplo a concesión do premio "León Felipe 2000 a la Convivencia Creadora” e o Ateneo de Madrid que recibiu a ALTERNATIVA DOS VECIÑOS DE OLEIROS NO ANO 2000 cos seguintes razoamentos: “Que en Oleiros (A Coruña), fomentando el entendimiento y la unión entre los vecinos, lograron resistir a los grupos de poder económico que querían transformar su municipio en un campo de especulaciones inmobiliarias y que su medio ambiente urbano y rural, sobre todo las zonas próximas a las playas, se llenaran de rascacielos y de construcciones abigarradas, carentes de una planificación urbanística que asegurara un entorno habitable y una buena calidad de vida. ALTERNATIVA DOS VECIÑOS ganando todas las elecciones desde 1979, se ha mantenido en el poder municipal como fruto de su acertada gestión que ha convertido a OLEIROS en el municipio más destacado por la calidad de equipamiento, servicios públicos y una administracion urbanística modélica.” [VOLTAR AO INICIO]