BIOGRAFIA DE FRANK PAIS GARCIA

Familiares de Frank Pais, veciños e residentes en Marin, na recepción Outra imaxe da recepción ao Cónsul da República de Cuba no Concello de Marin Frank País naceu o 7 de decembro de 1934, en Santiago de Cuba. O seu pai era Francisco País Pesqueira, casado con Rosario García Calviño, emigrantes galegos, nacidos e viciños os dous de Marin, Vila onde o seu pai, Francico Pais, fora pastor evanxélico e un dos fundadores desta igrexa. Frank destacouse coma dirixente estudiantil e en 1952, cando se produciu o golpe de estado que levou a Fulgencio Batista ao poder, foi organizador da protesta civil en Santiago de Cuba para defender ao goberno lexítimo e democrático de Carlos Prío Socarrás. Comezou a traballar como mestre en 1954 no Colexio El Salvador, onde se destacou pola paixón con que difundía as ideas patrióticas, revolucionarias e democráticas, especialmente o pensamento e a obra de José Martí. Creou o Centro “A Flor Martiana” e puxo en práctica a República Escolar, baseada en conceptos de democratización da escola e da participación dos estudantes. En 1955, cando Fidel Castro foi amnistiado despois do asalto o Cuartel Moncada, Frank País, Pepito Tey e outros dirixentes mozos do Oriente cubano, solicitaron e obtiveron o ingreso dos membros dos seus colectivos no Movimiento 26 de Julio (M-26-7), fundado por Fidel, Raul, Abel Santamaria (outro galego..). Inicialmente Frank País integrou a dirección do M-26-7 en Oriente e en 1956 foi designado Xefe da Acción rebelde clandestina en toda Cuba. O 30 de novembro de 1956 dirixiu o levantamento e insurrección popular en Santiago de Cuba en apoio ao desembarco do iate “Granma” a partir do que haberían de desembarcar Fidel Castro e un grupo de guerrilleiros co fin de instalarse na Sierra Maestra e iniciar a loita armada contra a ditadura. Desde ese momento foi un dos principais organizadores do apoio á guerrilla de Sierra Maestra e a extensión da insurrección contra a brutal tirania de Batista en toda a Illa. Unha das súas camaradas inseparábeis e colaboradoras máis cercanas foi a heroina VILMA ESPIN GUILLOIS (Presidenta da Federación de Mulleres Cubanas e compañeira do comandante revolucionario Raul Castro), que faleceu precisamente hai pouco máis dun mes. O 30 de xuño de 1957 foi asasinado o seu irmán Josué País e exactamente un mes despois resultou el mesmo asasinado na Calella do Muro de Santiago de Cuba, xunto con Raúl Pujol. A mobilización do 30 de xullo de 1957 (practicamante todo o povo de Santiago de Cuba estaba no seu sepelio) está considerada como unha das datas decisivas da Revolución cubana e a caída da ditadura de Fulgencio Batista. Ese día foi instituido en Cuba como Día dos Mártires da Revolución. Centos de monumentos, hospitais, escolas, universidades, aeroportos, bibliotecas e até un municipio de Cuba (en Holguín) levan o nome deste extraordinario galego-cubano que, xuntamente coa súa familia son recordados agarimosamente por todo o pobo cubano. [Voltar ao inicio desta nova]