MANIFESTO DO PCPG PARA O DIA DA PATRIA 2007

O Partido Comunista do Povo Galego saúda ás traballadoras e traballadoras galegos neste día da patria.

Vivimos ao día de hoxe as consecuencias mais salvaxes das ultimas decadas da explotacion neoliberal (teria que abondar con dicir “capitalista”) que se reflicte na situación de mozos e vellos, obreir@s e demáis asalariad@s, mulleres e homes do povo.

As esperanzas depositadas nos actuais xestores da desfeita económica, culturaL, ecolóxica, especulativa, etc que vive a patria, vense día a día novamente defraudadas.

Galiza segue sen ser quén de ter como governo unha forza política que dea un xiro verdadeiro á negación dos seus dereitos fronte aos intereses imperiais e das transnacionais que vorazmente tentan de converter a nosa terra nun sitio só vivibel para os turistas e só enriquecedor para o grande capital.

Crecemento do paro, da sinistralidade, da pobreza. Contratos lixo, emigración da nosa mocidade

Descenso da estabilidade laboral, dos salarios, das prestacións sociais.

Tal é o saldo de anos de “autonomía” e lealdade “constitucional” que, como se está a ver, a vindeira reforma estatutaria non solucionará, no caso de que non o faga máis penoso aínda.

A memoria dos que entregaron as súas vidas e as súas mortes por unha Galiza digna, Soberana e Socialista mírase vilipendiada e aldraxada.

A deturpación e castelanización da nosa cultura nacional non atopa o freo decidido que lle compre.

A nosa lingua (que é a do povo traballador), emblema da nosa identidade, segue sen conquerir a primacía absoluta no ensino e na vida pública que o povo merece logo de interminabeis décadas de asimilación e durísimas loitas contra da aniquilación españolista.

O PCPG saúda e apoia esta nova iniciativa unitaria chamada CAUSA GALIZA e chamamos a seguir traballando por achegar aínda máis forzas autodeterministas coincidentes, que na Terra existen, para enfrontar esta situación.

Declaramos asemade que as loitas dos povos do mundo situados coma o noso embaixo da ou das botas imperiais, nos ensinan unha lección radical: non poderán verse endexamais satisfeitas as nosas xustas aspiracións, de non se afortalar a unidade real, sentida, coherente e sin concesións das forzas que se reclaman contrarias ao sistema que está por detrás da nosa opresión social e nacional. E, consecuentemente, teria que ser máis claro ainda, que a unidade dos que loitamos polo socialismo e o comunismo é tamén requisito imprescindíbel desa victoria.

Asiste á manifestación unitaria que sairá da Alameda de Compostela este 25 de Xullo ás 13 hs.

¡¡VIVA GALIZA CEIBE E SOCIALISTA!!

Pola soberanía plena do povo galego

Polo noso irrenunciábel dereito de Autodeterminación Nacional!

(Premer aquí para voltar ao inicio desta nova)