Mais até aqui chegamos. O dinamismo popular esnaquizou a pretensión por asociar as festas coas touradas, de tal forma que a imensa maioría da mocidade rexeita participar deste bárbaro espectáculo nestes días. Un grupo de colectivos e persoas decidimos este ano comenzar a loita para que as touradas pasem a ser um mal recordo do pasado máis escuro de Pontevedra. Opomo-nos a que a nosa cidade sexa sede para a realización deste simulacro de volta ao Réxime para nostálgicos amantes das torturas legalizadas e facémolo por diversas razons:
1) Como ecoloxistas comprometid@s coa defensa do medio, denunciamos o trato cruel e inhumano que os touros recebem no transcurso desta mal chamada festa. Durante o percurso da mesma, o touro é desgarrado, mutilado e torturado de diversas formas tentando facer pasar como valentia a crueldade e a violencia contra os animais, nun alarde de cinismo hipócrita.
2) Opomo-nos radicalmente a esta festa por estar indisolubelmente ligada ao fascismo . Se ben é evidente que nom nasceu com o golpe de estado do 36, lembremos como é que era chamada durante a Ditadura franquista: “La Fiesta Nacional”. Tamém como o rexime favoreceu a imposicón desta “tradición castiza” no noso país(Galiza), com un fracaso estrepitoso. Ao mesmo tempo, a composiçom ideolóxica dos sectores que asistem normalmente a estes actos non mudou en grande medida: Segue a ser o ponto de encontro da direita españolista, a sua festa estrela do ano, con todos os matices que se queiram.
3) Constitue unha “festa” imposta, españolizante, allea á nosa cultura. Pesia os innumerábeis intentos por introducir as touradas como parte da imposición da cultura española, tan só existe unha praza no noso país, propiedade dunha empresa madrileña. A povoación galega declára-se nun 80% allea às touradas , tal e como amostran as enquisas, e o fracasso continuado das touradas itinerantes no último século evidencia a total oposición a esta apoloxia do martírio animal.
4) As touradas son unha festa marcadamente machista, como se pode analizar na figura do toureiro (no 99% dos casos sempre home), quen sai teoricamente a demostrar o seu valor ante um animal moi perigoso, apreentandose como o cúmio da gallardia e da chuleria, como o epítome do macho ibérico. Por suposto, a plataforma non defende a igualdade de sexos á hora de protagonizar esta festa macabra, mais si a sua completa erradicación.
Por todo isto, Pontevedra Antitaurina fai um chamado ao conxunto das forzas sociais conscientes desta cidade para mobilizarnos em contra deste vergoñento show, para atinxirmos a seguinte tabela de vindicacións ante as diferentes administracións:
Deputación de Pontevedra
- Denunciamos a complicidade da Deputación de Pontevedra con estas “festas”, sendo a principal acreedora de cartos públicos a unha iniciativa privada e brutal como son as touradas. Non é tolerábel que semellantes práticas sexan subvencionadas con cartos de tod@s nós , no lugar de ser investidas noutras iniciativas sociais e culturais de necesidade.
Concello de Pontevedra
- Declaración de Pontevedra como “Cidade Ánti-taurina”, e “Amiga dos Animais” deixando claro que a celebración destes eventos non está ben vista.
- Cese imediato de calisquer colaboración coa empresa propietaria da praza , “Plazas y Toros S.L.” , asi como das posíbeis axudas públicas, sexan directas ou indirectas para con ela.
- Estudar e promover a expropiación e reconversion da Praza de Touros nun Coliseu para actuacións e espectáculos exclusivamente culturais e musicais, capaces de atraer un turismo de cualidade e alternativo ao actual efecto-imán que cada verao atrae á nossa cidade a un turista irrespetuoso coa cultura do noso país(Galiza).
- Completa supresion das touradas como reclamo turístico . Nen nas páxinas web, nen nas oficiñas de turismo, nen nas publicacións do Concelho, valorizando positivamente que teñan desaparecido do programa das festas.
- Erradicación do uso de espazos públicos para a promoción das touradas. Ningun outro evento do ano ten tanta presenza na rua como este, e desde logo non é de recibo que unha iniciativa privada empregue os espazos públicos de forma indiscriminada, sobre todo cando é unha grande difusora de valores como a violencia contra os animais, o machismo e o espanholismo.
- Instar á Xunta de Galiza a aprobar unha Lei de Proteción Animal que proibirá de forma explícita as touradas e todos aqueles espectáculos onde se produza a morte ou tortura de animais.
Parlamento e Xunta de Galiza:
- Aprobar unha “Lei de Proteción Animal” que cumpra o anterior, de facto xá recollido na lexislación europea e na carta universal dos dereitos dos animais.
Por todo isto animamos-vos a tod@s a participar en todas as actividades que poidamos levar adiante nas próximas semanas a partir do dinamismo popular.
Esta vergoña ten que rematar xá!
STOP TOURADAS!!!
PLATAFORMA ANTI-TAURINA DE PONTE VEDRA[Voltar ao inicio desta nova]