Setecentas persoas foron asasinadas, paseadas ou perderon a vida despois de xuízos inícuos(chamados consellos de guerra) en Vigo en 1936 e na posterior ditadura de Franco. Eses son os cálculos que dende fai tempo deu a coñecer a Asociación Viguesa pola Memoria do 36, integrada, fundamentalmente, por familiares directos dos represaliados. En lembranza de todos eles, os membros deste colectivo organizaron un acto o pasado sábado en Puxeiros, presidido polo lema “O pobo non esquece”.
Foi nas inmediacións do lugar no que o 15 de setembro de 1936 apareceron os cadáveres de sete vigueses ben coñecidos na cidade. As súas mortes foron unha premonición para as súas familias, xa que en moitas delas houbo máis asasinatos. Os corpos ficaron á vista nunha gabia da estrada de Ourense, espallados nunha radio de 300 metros, á altura de onde, na actualidade, está o Colexio Marcote, en Cabral.
Unha escultura en granito e unha placa coas súas nomes sinalan para sempre o lugar do terror contra o povo de Vigo e Lavadores, os dous concellos que daquela ousaron resistir o golpismo e a represión fascista).
Os seus nomes eran:
MARCIAL ARAUJO CONDE
EUGENIO ARBONES CASTELLANZUELO
LUÍS BILBATÚA ZUBELDÍA
SEGUNDO ECHEGARAY GARCIA
ADOLFO MORGADE PAZOS
ABRAHAM MUÑOZ ARCONADA
INOCENCIO TABOADA MONTOTO
Foi ás sete da tarde, en Puxeiros, onde tivo lugar unha cerimonia na que se descubriu a praca e a estatua realizadas polo escultor Ricardo Alias Alén, para conmemorar o 71 aniversario do asasinato deste sete homes moi coñecidos en el Vigo que simbolizan aos setecentos asasinados en Vigo e Lavadores.
A homenaxe contou coa intervención de familiares de represaliados, coa lectura do poema "Cunetas", de Luís Pimentel, e a intervención, entre outr@s da poetisa Rexina Vega, da gaiteira Raquel Domínguez Senlle e do trompetista Henrique.Voltar ao inicio desta nova