O pasado dia 19 de outubro, como estaba previsto, realizouse no local do centro social "Faísca" de Vigo, o acto público organizado polo PCPG para reivindicar a vixencia do legado da Revolucion de Outubro.
Representaba ao Comité Nacional do PCPG, Laura Quintillán.
Asistían como convidad@s Carmelo Suárez, Secretario Xeral do PCPE e Gloria Marrugat, responsabel de Organización dos CJC, formaba parte da mesa Vítor Gonzáles como anfitrión do Centro Social Faísca e loitador sindical, antiimperialista e antifascista galego.
Logo de apresentar aos convidados e anunciar a continuidade deste tipo de actos en Galiza, Laura Q. fixo un repaso do legado da Revolución de 1917 e destacóu a súa significación para a clase traballadora en todo o mundo. Fixo referencia tamén das loitas de liberación nacional e antiimperialistas a nivel internacional e situou o presente da loita política na Galiza, nomeadamente a urxente necesidade da unidade d@s comunistas e revolucionarios galeg@s.
A continuación fixo uso da palabra Víctor G., centrando a súa exposición no carácter represivo e imperialista do Estado español, e no carácter indeclinable da loita pola liberación nacional e de clase do proletariado galego.
Logo interviu a camarada catalana Gloria M. situando a importancia chave da herdanza ideolóxica do Ché, no cabodano do seu asasinato e o carácter central da loita da xuventude no campo da loita de clases no Estado e no mundo.
Finalmente Carmelo Suárez, secretario Xeral do PCPE, centróu a súa intervención nas chaves da dominación do Estado capitalista monárquico español, na complicidade do E.Español e da U.E. nas accións criminais do capitalismo internacional (avións da morte circulando polo espazo aéreo comunitario, crimes e torturas das forzas de intervención británicas no Iraque). Falou tamén das características do Partido que fixo posible a Revolución de 1917 e dos principios e tipo de Partido necesario para facer posibel a revolución socialista dos povos do Estado Español.
Logo houbo un longo e animado debate con numerosas intervencions.
A asistencia foi por volta de medio cento de persoas.
O PCPG prepara un novo acto político e cultural para o 7 de novembro, dia da conmemoración internacional da Grande Revolución Socialista de Outubro, para o que esperamos contar coa implicación doutros colectivos e organizacións aliados no noso país e tamén cos camaradas portugueses, que esta vez non puderon asistir por distintos motivos ainda que xustificaron a súa ausencia.
Voltar ao inicio desta nova