Igualmente, no caso de entrar en funcionamiento, Reganosa ameazaría a riqueza natural da Ría, que é o medio de vida de preto dun milleiro de mariscadores. Así mesmo, seria un grave obstáculo para a declaración de Patrimonio da Humanidade, proposta para os castelos e arsenais, ademas de provocar perdas no patrimonio histórico e na potencialidade turística.
Os abaixo asinantes denunciamos que é imposible que Reganosa poida cumprimentar os condicionados impostos na autorización da súa construcción, en canto a distancias de seguridade respecto das poboacións próximas e para unha saída de urxencia dos buques gaseiros, co cal non estarían salvagardadas nin as persoas nin os seus bens.
Por todo isto, manifestamos:
1. A nosa petición de que sexan retiradas tódalas denuncias que afectan ós traballadores do mar, na Ría de Ferrol, implicados neste proceso da súa defensa e en contra da ubicación da planta de gas de Reganosa.
2. O noso total desacordo coa ubicación da planta de gas natural licuado no interior da Ría de Ferrol. Asimesmo, solicitamos ó goberno da Xunta de Galicia que recupere o Porto Exterior como espacio axeitado para a instalación da Planta de gas, prevista nese lugar dende o ano 1994.
3. O noso apoio á manifestación que terá lugar en Ferrol o próximo día 30 de setembro, en protesta pola existencia dunha planta de gas nun lugar totalmente inadecuado e a nosa solicitude ás autoridades competentes de que non aproben a acta de explotación comercial ou de funcionamento definito de Reganosa, do mesmo modo que pedimos a reconversión do complexo petroquímico de Punta Promontoiro, por ameazar a vida da poboación e a riqueza marisqueira da Ría.
Voltar ao inicio desta nova