Varios centos de manifestantes (entre eles camaradas do PCPG) percorremos no dia de onte as rúas de Compostela para protestar contra o fascismo e as agresións nazis. Por todo o percorrido da marcha, que tivo o seu inicio na praza compostelana de Vigo a partir das 19:30, expresamos a nosa repulsa polo asassinato de Carlos, o mozo antifascista de 16 anos morto en Madrid o pasado dia 11 por un militar-nazi do exercito español.
Na manifestación berráronse diversas consignas que expresaban a raiva polo asasinato do compañeiro madrileño, mais tamén contra a ofensiva da burguesía e os seus aparatos de criminalización, control e represión estatais e mediáticos fronte á rebeldía que manifestan os movementos e organizacións populares, nomeadamente da xuventude.
Os berros contra o forte contixente da policía: "Aos fascistas, non os vixiades", "Názi de dia, de noite polícia" ou “Vos fascistas, sodes os terroristas” foron os máis coreados.
Nas imáxes: vista dalgunhas manifestacións e cartaces anunciadores en Pontevedra, Cangas, Compostela e Vigo. Voltar ao inicio desta nova