En reunión da Rede Litoral Vivo o pasado 20 de outono en Compostela decidiuse o apoio á marcha nacional contra o plan acuícola que se vai celebrar o 4 de novembro en Corrubedo.
Este plan, xa mal chamado acuícola, porque soamente se refire ao subsector de acuicultura en terra, é unha peza máis da nefasta política da Xunta ante o sector pesqueiro. Tenta expropiar, para beneficio dunhas poucas grandes empresas multinacionais, máis de 3 millóns de metros cadrados en zonas de altísimo valor ecolóxico, co fin de apoiar un xeito de explotación dos recursos altamente discutibel, que, dende logo, deixa a produción en mans de uns poucos, xera perigosos e ilegais verquidos, e supón un altísimo impacto ambiental. Agora pretenden criar peixes que desmerecen a calidade dos productos do mar galego, amoreados, cheos de antibióticos e alimentados con fariñas de peixes capturados de xeito industrial e afectando á biodiversidade e os recursos de países empobrecidos.
Xa no anteproxecto de lei de pesca, actualmente en tramitación, se observa a intención de privatizar os recursos mariños, abrindo a porta á privatización do marisqueo e afastando ao sector de calquera tipo de decisión sobre si mesmo, pretendendo deixar todo o poder nas mans da Consellería de Pesca.

Este Plan, sumado ao Plan Director de Portos Deportivos e ao salvaxe proceso urbanizador da costa e do interior ao que estamos a asistir, sen as debidas garantías de saneamento ou protección do medio, pode producir o total colapso da actividade pesqueira galega, da que dependen máis de 20.000 empregos directos, precarizando máis aínda a estrutura social da pesca e o marisqueo artesanais e tradicionais de Galiza.
Esta marcha ten que ser unha chamada moi seria de atención ao actual goberno galego, que está realizando unha política ambiental de puro escaparate, cando a realidade é que xamais o ritmo de destrución dos ecosistemas foi tan alto, nin a privatización dos recursos naturais tan descarada, nin o silencio da clase política no seu conxunto máis enxordecedor
Por todo isto os grupos compoñentes da Rede Litoral Vivo fan un chamamento á asistencia a Corrubedo o próximo día 4 para mostrar dun xeito firme a oposición do sector e de todo o pobo galego ante este plan e á liña política que o ampara.
Voltar ao inicio desta nova