NOVO ACTO COMEMORATIVO DA REVOLUCIÓN SOVIÉTICA

VENRES dia 9, ÁS 20 HS

FALARÁ: ALEJANDRO FUENTES HERNÁNDEZ

Cónsul da República de Cuba na Galiza

No Centro Social Faísca de Vigo

R/Toledo, 9 - O Calvario-VIGO

Este venres, dia 9 de novembro celebraremos de novo, no Centro Social FAÍSCA de Vigo o 90 aniversario da Grande Revolución Socialista de Outubro. Dirixidos por Lenin e os comunistas dos povos asoballados no daquela inmenso imperio zarista, o povo traballador, os soldados e labregos pobres e sen terra tomaron o poder o día 25 de outubro de 1917, segundo o antigo calendario (dia 7 DE NOVEMBRO na actualidade) e proclamaron o poder revolucionario soviético.

O asalto ao Palacio de Inverno dos zares que simbolizaba ao vello réxime ficou para a historia como a imaxe do derrocamiento da opresión e a explotación, dando comezo á creación da sociedade socialista.

O Partido Comunista do Povo Galego (PCPG) celebra de novo esta efeméride, coa participación do Consul de Cuba en Galiza, que representa a un povo e a unha exemplar revolución liberadora que desafía ao imperio, e convócate a asistir a este acto conmemorativo do 90 aniversario da Grande Revolución Soviética.

Estamos certos que as ideas e propósitos que motivaron aquela revolución, que fixo tremer os alicerces do poder do capitalismo, na súa época imperialista, continuarán a ser a guía dos povos para liberarse definitivamente da barbarie e brutalidade crecente do capitalismo.

Voltar ao inicio desta nova