Como estaba previsto, os comunistas realizamos en Vigo o segundo acto conmemorativo do 90 Aniversario da Grande Revolución Socialista de Outubro.
Despois da intervención e apresentación inicial feita polo camarada Vitor Gonzáles do Centro Social “A FAÍSCA” interviú o compañeiro Alejandro Fuentes Hernández, Cónsul Xeral da República de Cuba en Galiza.
Nesta intervención, tan rigurosa como brillante e extensa, situou aspectos moi interesantes sobre a organización e realización da Revolución Bolchevique nos anos en que os traballadores, labregos e soldados revolucionarios dos povos de Rusia ao mando do xenio de Vladimir Ilich-“Lenine” fixeron posibel a toma do poder para o proletariado e as clases populares. A partir desa exposición do que foron aqueles dias e anos, que derrubaron o poder cuase feudal imperante no imenso imperio zarista e fixeron tremer os alicerces do capitalismo mundial, aprofundou no análise da época posterior á desaparición de Lenine, a consolidación da revolución e o combate contra as forzas enimigas, nomeadamente a guerra provocada pola intervención do imperialismo no propio interior de Rusia, a industrialización e a victoriosa Guerra Patria contra a ocupación nazi-fascista, a reconstrucción épica e heroica dese enorme país de repúblicas socialistas e tamén as súas fazañas científico técnicas.
Asimesmo situou nesta análise aspectos críticos e, para nós, inéditos sobre o papel do partido e os problemas da condución política, económica e militar nas distintas etapas da construcción daURSS e, por extensión, da Comunidade Socialista en polo menos 50 anos.
A partires de aí realizou unha síntese dos mellores discursos de Fidel sobre estas custións, asi como da construcción do socialismo e o fortalecemento do partido en Cuba.
Comenzou analisando algúns dos fenómenos negativos que se deron a partir dunha altura histórica na URSS e nos países socialistas da Europa do Leste con exemplos concretos; referiuse ás reflexións e aportacións de Ernesto Ché Guevara, do que se cumpre este ano o 40 aniversario da súa caída en combate, para referirse e extenderse finalmente sobre a visión política, a palabra e a dirección de Fidel no proceso de construcción socialista en Cuba en palalelo co combate sen tregua fronte ao imperialismo, facendo unha extraordinaria e magnífica síntese dos mellores discursos do Comandante en Jefe que foi moi aplaudida.
As 65 ou 70 persoas participamos a continuación nun coloquio que foi moi enriquecedor e participativo.