"Porque non te calas, borbón franquista?"
Se alguén non ten protexo para calar a outro nas reunións iberoamericanas é o rei de España, que é o único xefe de Estado ou de Goberno que non foi escollido polos seus cidadáns. Se alguén ten razón nas súas intervencións na Conferencia Iberoamericana son os que acusan de fascista a Aznar e denuncian a voracidade imperialista das empresas españolas en América Latina.
Contra Aznar é suficiente lembrar a súa complicidade con Bush e os seus paseos no avión do xefe da mafia que desde Miami organiza os atentados terroristas en Cuba e colaborou nas súas campañas electorais. Contra o rei Juan Carlos é suficiente preguntarlle por que non lle pide que se cale ao monarca marroquino cada vez que manifesta a súa estirpe ditatorial. Contra as transnacionais españolas só hai que lembrarlles que fan os seus negocios en América Latina grazas á complicidade cos gobernos que privatizaron as empresas que mercaron en rebaixas e coa garantía de mercados cativos. Contra a actitude de Zapatero o máis evidente é que prefire reconciliarse con Bush en lugar de facilitar a nova e auténtica integración de América Latina.
Quen lle dixo ao borbón franquista que ten autoridade para quitarlle a palabra ao presidente latinoamericano que máis veces foi ratificado polo seu electorado? Por que se enmerda Zapatero defendendo ao fascista Aznar en vez de colaborar coa nova insurxencia latinoamericana?
Nas hemerotecas pode comprobarse que o goberno de Aznar e a CEOE foron cómplices de Estados Unidos no golpe de Estado contra Chávez. E pode comprobarse tamén que todos os grandes medios de comunicación aplaudiron aquel golpe e tiveron que replegarse amargados cando se produciu o restablecemento da legalidade.
José Manuel Martín Médem-Rebelión.
[Voltar ao inicio desta nova]