NON Á VAGA REPRESIVA CONTRA OS LOITADORES DO NOSO POVO!


(continúa da portada)...Os comunistas do PCPG temos claro que, por enrriba das diverxencias tácticas que poidamos ter, estes compañeiros non son terroristas senón militantes da vangarda anticapitalista, antifeixista e loitadores consecuentes contra a explotación capitalista, contra a oligarquía e o imperialismo español que asoballa todos os dereitos dos povos.

Igualmente, nestes tempos en que os aparatos xudiciais, represivos e mediáticos están impulsar unha ofensiva fascistoide contra toda disidencia democrática e anticapitalista por se enfrontaren a tantas agresións contra a nosa terra (do que é mostra a criminalización dos nosos mozos antifascistas e independentistas por se ergueren contra a monarquía borbónica e os seus símbolos), expresamos a nosa condena máis enérxica chamando a expresar a solidariedade máis incondicional con todos os que sofren detención e mesmo o maltrato, no cárcere ou fora dela, por defenderen liberdades e dereitos irrenunciabeis sociais e nacionais.

Manifestémonos en solidariedade e apoio aos detidos e represaliados!

Paremos esta loucura!

CONTRA O FASCISMO, O IMPERIALISMO E A REPRESIÓN

TOD@S À RUA!

Comité Nacional do PCPG.

Comunicado do SRI

[Voltar ao inicio desta nova]
.