PRESENTADO EN REDONDELA O DOCUMENTAL "MANOLO BARROS, UN REBELDE DE ACEIRO"

Á dereita: o cda Manuel Barros (Foto de Xurxo Lobato)

(continúa da portada) ...As moitas persoas que asistimos no pabillón multiusos da Xunqueira (algunhas chegadas doutras localidades de Galiza) vivimos momentos de grande emoción máis ao memo tempo, coas palabras dos compañeiros Gonzalo Amoedo, Felix Cal e Cuchi Carreira e a visión deste magnífico documental, o grande orgullo por ter coñecido e compartido tantas cousas e loitas co cda Barros.

O filme realizado por Fernando Collazo (Cuchi Carreira) baixo guión de Gonzalo Amoedo fai un percorrido de 52 minutos pola súa vida e a súa historia de loita antifranquista que o levou primeiro ao cárcere en 1936 con tan só 15 anos, ao exilio interior e á emigración.

O camarada Manuel Barros, que faleceu este pasado año de 2007 tivo unha longa e heroica militancia que comenzou nas xuventudes comunistas nos anos trinta e que continuou durante máis de 70 anos, dos que perto de cincuenta foron no PCE e PCG (chegou a ser a ser membro da súa executiva na clandestinidade).

En 1982-83 decicidiu con outros comunistas que, coma el non compartian a deriva eurocomunista, traballar na reconstrución do Partido desde los principios do marxismo-leninismo e o internacionalismo proletario.

Esta iniciativa que se sumou ao de moitos outros comunistas do estado español deu lugar ao nacemento do PCPG en 1984. A máis de fundador do noso partido, o camarada Manuel Barros foi membro moi significado da súa dirección e en todo este tempo un dos referentes más consecuentes, por coherente e comprometido, do comunismo e a loita revolucionaria do povo galego para as novas xeracións.

Como dician os compañeiros do Colectivo Republicano de Redondela, o acto foi tamén unha homenaxe póstuma para Barros que tendo sido memoria viva da represión finou sen ver cumprida unha das súas maiores ilusións: ver no alto da Concheira un monumento en lembranza aos 21 asasinados na zona polo fascismo.

DATOS DO DOCUMENTAL:

Manolo Barros, un rebelde de aceiro, gravado ao longo do 2006 en DVCAM con guión de Gonzalo Amoedo, coa axuda de Ana Lois, e dirección e produción de Fernando Collazo(Cuchi Carreira) quen tamén se encargou de gravar, xunto con Xosé M. Hermida, e da montaxe e posprodución, con Miguel Borines. A fita dura 52 minutos, e conta coa voz en off deste último, a mais da música ao piano de Alberto Vilas. Do son directo encargouse José M. Moldes. [Voltar ao inicio desta nova]