ACTOS CON MOTIVO DA FESTA NACIONAL DE VENEZUELA

Reproducimos a seguir esta información sobre os actos organizados polo Consulado Xeral da República Bolivariana de Venezuela en Vigo, con motivo da próxima celebración da súa Festa Nacional, ao se cumpir 197 anos da súa Declaración de Independencia (5 de Xullo de 1811). Desde o PCPG, que, na práctica e sen excepción, participa en todas as actividades de solidariedade coa Revolución Bolivariana, e nomeadamente na propia Asociación Galega de Amizade coa Revolución Bolivariana, chamamos a participar nestes actos e seguiremos informando.

PROGRAMA:

5 de Xullo
Lugar: Rúa Venezuela na cidade de Vigo
Hora: 12.00 P.M.
Acto: Ofrenda Floral diante do Busto do Libertador Simón Bolívar
Palabras do Cónsul Xeral David Nieves Banchs.

8 de Xullo:
Lugar: Museo Verbum, Casa das Palabras.
Avda. de Samil, Vigo
Hora: 18.00
Actos:
Apertura do acto a cargo do Cónsul Xeral, David Nieves Banchs
Presentación do Grupo Musical Venezuelano Tricolor.
Inauguración:Exposición Venezuela Indíxena e proxección de vídeos.
Brindis con todos os persoeiros convidados.

Do 8 ao 11 de Xullo:
Sala de Exposición. Mostra Permanente da Exposición Venezuela Indíxena e proxección de vídeos. "Venezuela: Libertad y Soberanía". [Voltar ao inicio desta nova]