skip to main |
skip to sidebar
DIA 6 DE DECEMBRO NA PRAZA DO TOURAL. AUTODETERMINACIÓN!. NON Á CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
Manifesto de Causa Galiza
NON Á CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA. AUTODETERMINACIÓN
A Constitucion Española significou a proibicion expresa do exercício á soberania nacional e do dereito a autodeterminacion do pobo galego. Privou-nos da posibilidade de decidirmos cal é a relacion que queremos manter co resto dos pobos. Esta limitacion está na raiz das agresions que ao longo destes 30 anos sufriu Galiza e o seu pobo traballador.
Temos na memória colectiva un dos ataques mais recentes, a desfeita do Prestige e o atentado que supuxo a resposta dada desde o goberno español do PP e da Xunta de Fraga. Quen pensase que despois da grande mobilizacion do pobo galego contra ese atentado, a situacion melloraría, erraba. Os alicerces da política defendida polo PP, o chamado “plan Galicia”, conforman tamen os eixos da política aplicada pola Xunta actual do PSOE-BNG: a Cidade da Cultura, o AVE/TAV, o Porto Exterior da Coruña, a privatizacion dos servizos públicos, o plano acuícola, o plano eólico, etc., son só exemplos da perenne teima que teñen os partidos españolistas e autonomistas en daren voltas sobre cuestions accesórias, no canto de abordar a centralidade da nosa problemática económica.
A actual crise do modelo económico imperante, o capitalismo, ten motivado a aplicacion de políticas destinadas a resgatar ás grandes entidades financeiras e ás elites empresariais, favorecendo a concentracion e centralizacion de capitais e o fortalecimento do carácter centralista do Estado. A clase traballadora galega conforma o 70% da poboacion activa e vai padecer a aplicacion desta política deseñada ao servizo da clase empresarial através dos despidos e da destrucion de emprego, da conxelacion salarial, do incremento da xornada laboral, da perda de poder adquisitivo, etc., co silencio complice da Xunta Bipartita. As tímidas propostas esbozadas pólo autonomismo e dirixidas a fortalecer a capacidade financeira ou a impulsar o crédito publico obvian a potencialidade positiva que teria unha abordaxe da crise recuperando as propostas soberanistas nos planos fiscais, de planificacion económica e industrial ou de relacions comercias exteriores. Ao igual que noutros entornos, o diñeiro para subsidiar esas políticas de socorro ao capital vai sair dos petos do pobo traballador. O impulso do AVE supon a desaparicion do tren de proximidades, esencial para integrar social e economicamente as comarcas, vilas e cidades da Galiza. Nesta altura, 120 mil galegos deixaran de ter acceso ao tren para ir o traballo ou estudar, co peche efectivo de 11 estacions no Eixo Atlantico, nun plano concibido para subsidiar ás grandes construtoras, e que só serve para desestruturar Galiza, favorecer o turismo de fin de semana e a emigracion, e deixar as comunicacions internas nas mans do modelo espoliador das auto-estradas e do transito rodado. Asistimos, ademais, ao repunte das posicions belixerantes contra o idioma como signo de identidade do noso pobo. A campaña polo “bilingüismo”, ou a defensa desde as institucions da falácia do “bilingüismo harmónico” pretenden impulsar a integracion de Galiza no Estado, e de reforzar a percepcion do noso idioma como língua de segunda categoria.
Neste cadro, a autodeterminacion, é dicer, o exercício da soberania nacional, convirte-se nunha necesidade para que o pobo traballador galego se poda defender de ataques a elementos básicos da sua coesion. A soberania nacional ligase á capacidade de decidir os eixos do nosso desenvolvimento. É por isso que non temos nada que celebrar no aniversario da Constitucion “borbonica”, que so serviu para manter a opresion nacional da Galiza e frear o seu desenvolvemento. Unha Constitucion herdeira do rexime franquista que se baseou nunha Lei de Punto Final que foi a amnistía aos criminais da ditadura, hoxe cuestionada por todos os organismos de dereitos humanos, e o mantemento das súas institucions fundamentais. O camiño da soberania nacional só pode ser o de manter e fortalecer a loita póla autodeterminacion. Para desenvolve-la é preciso xuntar ás forzas sociais e sindicais nunha política de esquerda e soberanista que enfronte decididamente o rearme centralizador do Estado.
Galiza, 6 de Decembro de 2008 [Voltar ao inicio desta nova]