O MORRAZO CON CUBA. NO 50 ANIVERSARIO DA SÚA REVOLUCIÓN

Con motivo da próxima celebración do 50 aniversario do triunfo da Revolución Cubana (1 de Xaneiro de 1959) este próximo SÁBADO 27 DECEMBRO a partir das 7 da tarde terá lugar un acto público no Salón de Plenos do Concello de Cangas.

O acto vai ser organizado pola Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, coa colaboración da Concelleria de Cultura de Cangas e ten carácter comarcal (Cangas, Moaña, Bueu e Marin) contando co apoio de todos os partidos de esquerda, sindicatos e forzas progresistas da nosa Comarca(*).

-->PRESENTARÁ: XOSÉ MANUEL PAZOS VARELA, CONCELLEIRO DE CULTURA DO CONCELLO DE CANGAS

-->DISERTARÁ SOBRE ESTE TEMA: ALEJANDRO FUENTES HERNÁNDEZ, CÓNSUL XERAL DA REPÚBLICA DE CUBA EN GALIZA

-->FARÁ UNHA INTERVENCIÓN DE SAÚDO: PEDRO UGUETO, EN NOME DO CÓNSULADO DA REPÚBLICA BOLIVARIANA DE VENEZUELA.

--> HABERÁ UNHA INTERPRETACIÓN MUSICAL DE SUSANA MOREIRA (ACOMPAÑADA DE TUCHO PERETE E MONCHO FERNÁNDEZ).

--> RECITARÁ O POETA: ANXO ANGUEIRA

-->INTERPRETARÁ OS HINOS DE CUBA E GALIZA: XOSÉ RAMÓN ROCHA,VIOLONCHELISTA E PROFESOR DO CONSERVATORIO DE CANGAS

Ao final deste acto político, poético e musical terá lugar un brindis, ao que convidamos desde a Asociación e o Consulado de Cuba.

(*) Partidos e sindicatos que apoian este acto: Alternativa Canguesa de Esquerdas; Bloque Nacionalista Galego, Central Unitaria de Traballadores(CUT); Colectivo Nacionalista de Marin; Confederación Intersindical Galega(CIG); Esquerda Unida(EU-IU); Frente Popular Galega(FPG); Marinenses Independentes(Mar-In); Partido Comunista do Povo Galego(PCPG) [Voltar ao inicio desta nova]