Co lema "Este sistema non serve!" nesta semana que entra van ter lugar dúas importantes mobilizacións anticapitalistas.
As dúas vanse celebrar en Vigo; primeiro o dia 16 ( CGT e algúns outros colectivos sociais ) e, o 18, a segunda convocada pola ( Central Unitaria de Traballadores CUT). As dúas covócanse baixo un lema ou denominador común practicamente idéntico : "Este sistema non serve!".
O Partido Comunista do Povo Galego chama sen ningunha reserva a apoiar a mobilización e coincide basicamente cos argumentos principais das dúas convocatorias, especialmente co chamamento da CUT, central coa que indiscutiblemente temos afinidade e identidade de principios e de criterios nacionais, internacionais e de clase.
Con todo constatamos unha situación nova e inesperada no que atinxe ao sindicalismo máis combativo, precisamente no campo de acción do que xa é en si mesma unha fracción (limitada e insuficiente ainda que avanzada) da loita de clases do noso país; unha nova dinámica que ignora a traxectoria unitaria que se viña dando entre os dous sindicatos e que, para alén, se enfronta coa paulatina converxencia que se tiña dado na acción unitaria con outros colectivos alternativos e anticapitalistas galegos.
Con toda a prudencia debida, e ainda ignorando os motivos que deron lugar a esta situación non desexada, entendemos que a unidade de acción ten que se retomar e ampliar sobre a base do respecto máis escrupuloso entre as organizacións e colectivos que temos coincidido coas loitas e mobilizacións unitarias dos últimos anos. É máis, ten que ir necesariamente moito MÁIS ALÁ do que xa tiñamos acadado e coa maior rapidez que iso sexa posibel.
Como se ten demostrado, só a unidade cando ela é posíbel, a organización e a loita foron sempre o mellor e, ás veces, o único camino. E se a a loita contra a barbarie capitalista e imperialista (que hoxe é igual a barbarie en estado puro) se fai agora máis precisa, tamén se teria que corresponder cunha mellor coordenación de todos os nosos esforzos; co afortalamento e impulso da loita máis unitaria que, mesmo, trate de integrar todas as demáis loitas obxectivamente enfrentadas con este réxime decadente, insolvente e irracional e coas receitas dos seus administradores, lacaios e curandeiros.
Sempre, e por toda a parte, a unidade da clase! para defendermos e pasar á ofensiva, superando rivalidades, sumando e construindo en permanente proceso aberto coa nosa organización e determinación de combater até vencer!.
Eis, o único camiño. [PCPG].
[Voltar ao inicio desta nova]