SOLIDARIEDADE CONTRA A REPRESIÓN!. DEFENDAMOS A NOSA LINGÜA!.

Foto da escuálida manifestación españoleira de galicia bifida

No dia de onte 8 de febreiro unha escuálida marcha de ultradereitistas, convocados e transportadas en todo o noso país, mais tamén desde lugares distantes de España protagonizaron na capital de Galiza unha inédita e vergoñenta manifestación de odio contra a nosa lingua (cando menos 12 autocarros procedian de Madrid, algúns da Falanxe).

Moi lonxe de se atopar satisfeitos polas constantes agresións e menosprecio que a cotío recebe a nosa lingua nacional, o fascismo embandeirado polo recen criado grupúsculo “Galicia Bilingüe”, financiado polo grande capital e apoiado polo máis rancio nacionalismo español (PP, UPyD, Falange Española, AVT, Foro de Ermua, UCE e a cuase totalidade dos medios de comunicación) tentan erguer de novo espantallos imperiais fronte a calquera “concesión” a prol do galego, por cativa que sexa.

Chegaron a Compostela cheos de resentimento e revanchismo, petando á nosa porta (coma fixeron os seus antecesores no 36) para esixir “en defensa de la lengua común: el español”, a supresión e derogación de todo tipo de normativa legal tendente a favorecer a normalización da nosa lingua proscrita, marxinada e despreciada por eles, por ser durante séculos a da inmensa maioría do noso povo traballador.

Mais fracasaron e amosáronse como o insignificante grupúsculo social que son, recebendo o rexeitamento e desprezo do noso povo e a máis axeitada e contundente resposta da parte máis digna e conscente da nosa mocidade.

Agora os e as fanáticos/as nacionalistas españois Rosa Díez, Corina Porro, Ana Pastor, Alfonso Rueda (curiosamente non teñen apelido galego..) xa saben que non se pode arremeter gratuita e impunemente contra unha lingüa que é sinal irrenunciabel de identidade da nosa Nación e da nosa clase traballadora; icona democrática da loita antifascista e símbolo da nosa resistencia secular.

Varios centos de galegos fomos quen de lle facer fronte a tanta impostura protexida pola brutalidade do seu aparato “antidisturbios” e seguiremos a nos mobilizar contra eles. A raiva e indignación que como galeg@s sentimos, converterteuse en enerxia e protesto militante.

Os e as militantes Carlos, Axen, Santi, Narciso, Ghano, Laura, Abrahám, Bernardo, Diego, Vreixo... fóron detidos, salvaxemente maltratados e mesmo espancados/as, mais eles/as só fóron a parte máis visibel do acontecido contra tod@s, da bestialidade despregada polo abafante aparello represivo sofrida por ducias de patriotas; da brutalidade do poder contra a firme rebeldía da nosa mocidade.

A eles todo o noso profundo recoñecemento e a nosa incondicional solidariedade. Todo o apoio que sexamos quen de lle oferecer para defendelos das represalias e de próximos progromos dos aparellos do Estado da degradada democracia española.

E o mellor xeito de o facer é loitar para conquistar a nosa liberdade, que só comenzaremos a ver cando Galiza avanze máis decididamente polo camiño da plena soberania nacional; cando recusemos orgullados e insubmisos/as, toda imposición de calquera estrutura españoleira ou de obediencia allea á nación e ás formas de autoorganización da clase obreira, mariñeira e labrega galega.

Cando o estado opresor do Reino de España sexa visto polo conxunto do noso povo traballador e pola nosa mocidade coma o que é: Un cárcere que debe ser derrubado.

Solidariedade c@s compañeiros/as represaliados!.

Defender o galego é defendermo-nos como povo e como clase!.

É defender Galiza!.

Galiza, 9 de Febreiro de 2008

[Voltar ao inicio desta nova]