>Premer na imaxe dos dous cartaces á marxe deste artigo para ver convocatorias e comunicados da CUT e da CIG.
[PCPG] Este 10 DE MARZO conmemoramos máis unha vez o Día da Clase Obreira Galega.
Como povo traballador que somos, esta é unha data enormemente simbólica mais tamén ten que ser unha xornada de reivindicación, de loita e de esixencia con nós mesmos.
A lembranza dos compañeiros Daniel e Amador asasinados en Ferrol no ano 72 non pode ficar en simples actos de homenaxe e lembranza nostálxica, nen tampouco como estandarte para uso das organizacións sindicais e políticas.
Hoxe coma no ano 72 falarmos da situación da clase obreira galega é facelo tamén (37 anos despois daquel feito histórico) en termos "explotación", "desigualdade", miseria, "emigración forzosa"e "precariedade".
Como estamos a ver, a oligarquía financeira e industrial, a grande patronal non están satisfeitas, non, cos centos de milleiros de millóns de euros que lles dan os gobernos. Agora co pretexto da crise (da que só eles e o seu sistema capitalista son responsábeis), pretenden "flexibilizar" máis ainda os despedimentos, facilitar cada vez máis a opresión do capital e as represalias da patronal sobre sobre parte máis consciente dos/as asalariados/as; dificultar a laboura sindical e a defensa dos dereitos dos/as traballadores/as, multiplicar os beneficios de bancos e multinacionais; recurtar o poder adquisitivo da clase obreira e o conxunto do povo traballador galego.
Por tanto, como vimos dicindo no PCPG, temos que pasar á acción e recuperar o combate necesario que outrora nos situou na vangarda da loita de clases e exixir todos os días, e de xeito máis enérxico neste 10 de Marzo, medidas de control, e mesmo de confiscación pública sobre a banca e os grandes poderes económicos; demandar con forza o noso dereito a un traballo digno e estabel na nosa terra, garantías laborais e salariais, prestacións sociais xustas e dignas, liquidación da subcontratación e das ETTs explotadoras, aumento do poder adquisitivo,etc.
Fai falla xa unha folga xeral. A Crise que a pague o capital! [Voltar ao inicio desta nova]