
DOMINGO 28 DE XUÑO DE 2009
HORA: 11 DA MAÑÁ
SAÍDA: CAMPO DE FÚTBOL DO CASAL (Salcedo-Pontevedra)
A FRANXA DE SEGURIDADE DA BRILAT OU A OCUPACIÓN MILITAR DE SALCEDO
HORA: 11 DA MAÑÁ
SAÍDA: CAMPO DE FÚTBOL DO CASAL (Salcedo-Pontevedra)
A FRANXA DE SEGURIDADE DA BRILAT OU A OCUPACIÓN MILITAR DE SALCEDO
[ASombra de Bouza Panda] Din que na casa de pobre todo son pingueiras, non hai verdade máis grande nesta vida. A parroquia de Salcedo, pertencente ó concello de Pontevedra, é un claro exemplo disto.
Non chegou coa arroutada franquista de roubar e ocupar case a totalidade do monte común da parroquia para instalar un cuartel militar, o antigo CIR de Figueirido; non se conformaron con partir e cuadricula-la parroquia cunha autoestrada para ricos imposta pola forza, a violencia e o cárcere; non chegou con instalar unha rede de alta tensión que, arrasando todo por diante, converteu os veciños de Salcedo nunha especie de acumuladores andantes de electricidade; non lles bastou con instalar un monstruoso Hipermercado francés sen a máis mínima infraestructura compensatoria para os veciños.
Non, non lles bastou con iso senón que agora se quere da-la “puntilla”, o golpe final para acabar coa parroquia, e o Estado, ante a impasibilidade da administración galega, desmárcase cunha lei do ano 1975 que establece un perímetro de seguridade de 300 metros ó redor dos límites da base da Brilat, o que supón a inclusión nesa area de parte dos núcleos de poboación da Armada, Moimenta, Casal, Navalexo e Birrete e a violación dos dereitos constitucionais de centos de veciños e propietarios ós que se lles obriga a pedir autorización ó Ministerio de Defensa para dispor libremente das súas casas, terras ou matos e para poder face-lo que calquera cidadán neste país, que se di libre e democrático, pode facer na súa propiedade coa garantía das leis e a Constitución na man.
Deste xeito, segundo se publica no BOE do pasado oito de outubro, impídese “realizar obras, traballos ou instalacións de ningunha clase sen autorización previa do Ministerio“. E isto é o que hai, ordeno e mando!. Seica que coa experiencia en Iraq e Afganistán lle colleron gusto a isto de invadir, ocupar e facer o que lles pete nas terras doutros.
Digo eu que se con centos de hectáreas ó redor do complexo cuartelario aínda teñen que pór unha Franxa de seguridade será porque non deben te-la conciencia tranquila e teñen medo de que lles fagan algo. Tanto medo teñen que o outro día o valeroso Exército español seica tivo que chama-la policía para que os defendesen do exaltado populacho, polo menos iso declarou uns dos seus grandes xefes. Non me estraña que nos secuestren barcos en Somalia.
Ese mesmo exército-ONG que tardou 15 días en reaccionar mentres a costa galega se enchía de chapapote, e de voluntarios, e que tivo que ser rescatado polos mariñeiros cando encallaron en Cíes, “pensaban que era o lago de Bañolas” dicían con retranca aqueles mariñeiros. Deixen que me ria un pouco, a policía a protexer ós que teñen as armas. Por algo debe ser.
De tódolos xeitos en todos estes anos foron sempre os veciños os que sufriron as consecuencias da súa ocupación e prepotencia, malia que, como din algúns políticos, a Brilat é unha grande empresa con 2.800 postos de traballo que deixa moita riqueza en Pontevedra aínda que en Salcedo o que máis teña deixado nestes anos sexan atropelados, accidentes de tráfico e atascos cada vez que saen como tolos de traballar.
Os datos obxectivos son que esta franxa de seguridade –que máis ben deberiamos face-los veciños para protexernos deles— é unha auténtica senrazón, un abuso e a única solución válida é a derrogación desta orde ministerial. Porque, non sei se o saben, pero Salcedo xa estaba poboado así como uns 7.000 anos antes de que eles chegaran, polo menos así o testemuñan as mámoas e os petroglifos que, totalmente abandonados e desprotexidos, sementan os terreos comunais que agora ocupa a Brilat. Seica cultura e exército deben ser conceptos antagónicos. Xa daquela o monte era unha importante fonte de recursos e subsistencia e como di unha antiga máxima estas son as nosas terras porque aquí están os túmulos dos nosos devanceiros, por moito que ó Exército español se lle atragoe. Pois si señores e señorías deste país de tahures e trileiros, as terras que agora ocupa o exército son nosas, dos veciños de Salcedo, de Figueirido, de Vilaboa, aí están as tumbas dos nosos antergos e aquí estamos nós para seguir defendendo o que é noso, a nosa terra, os nosos dereitos e a nosa dignidade fronte a bota da opresión.
No 1894 tres veciños de Salcedo –os Heroes do Campo da Porta– foron asasinados polas forzas de seguridade do Estado, daquela a Garda Civil,simplemente por reivindica-los seus dereitos e negarse a que lle seguiran roubando un fato de caciques. Hoxe, cen anos despois seguimos igual. Nós
