COMEZA A "SEMANA EN BRANCO": TRACTORADA POLA SUPERVIVIVENCIA DO SECTOR LEITEIRO GALEGO

O sector leiteiro, na Galiza e en Europa, REIVINDICA:

1) Reducir a produción: é necesario suprimir o aumento da cota do 1% deste ano e pór en dúbida o aumento programado para os próximos anos. Logo é necesario ir máis aló e reducir suficientemente a cota europea.

2) Establecer un debate sobre as modalidades desta redución de produción. Os pequenos produtores non deben sufrir as consecuencias da redución de produción.

3) Manter un control público da produción. Os produtores deben mobilizarse para instar á UE a que anule a decisión de 2003 de eliminación das cotas en 2015.

4) Garantir unha renda suficiente a todos os produtores e produtoras de leite só é posible a través dun control, unha mellor distribución da cota e un prezo mínimo e remunerador de compra por parte das industrias lácteas.

5) Suprimir as restitucións á exportación, a forma máis visible de dumping cara aos terceiros países. Tamén hai que pór en dúbida a obrigación de importar produtos lácteos e o acordo agrícola da OMC de 1994. É necesario intercambiar o deber de parar o dumping polo dereito de poder protexerse das importacións a baixo prezo.

6) Desalentar a produción leiteira intensiva dependente da soia, favorecer a produción leiteira a base de forraxes locais e pastos permanentes (clima, biodiversidade) e valorizar os métodos de produción máis autóctonos.

7) Ante a perspectiva de 2013, é necesario desenvolver unha nova política leiteira nunha PAC onde o marco da OMC substitúase polo da soberanía alimentaria, algo indispensable para facer fronte aos retos da crise sistémica actual.

8) Engadimos a demanda de apoio financeiro inmediato aos pequenos e medianos produtores para enfrontar as perdidas económicas actuais. Están no centro da vida rural de moitas rexións. [Voltar ao inicio desta nova]