MÁIS DE 2000 GALEGOS E GALEGAS SAIMOS Á RÚA EN DEFENSA DE CUBA SOCIALISTA

Como ben din moitas informacións, as frases berro en alto de : “Cuba Socialista, Galiza tamén!”, Obama, atende: Cuba non se vende!, Europa, aprende: Cuba non se vende!, "Televisión, manipulación!" e "Raul, seguro, ao ianque dálle duro!" fóron as palabras de orde que mellor sintetizaron o sentir das e dos miles de manifestantes que este domingo dia 18 de Abril, marcharon polas rúas de Santiago de Compostela, capital de Galiza.


A manifestación, convocada pola Asociación de Amizade Galego-Cubana"FranciscoVillamil" foi precedida dun grande traballo previo no que participamos moitas ducias de militantes internacionalistas galegos e galegas mobilizados/das contra o bloqueo e, agora especialmente, contra a "farsa informativa" que tratan de impoñer os medios de manipulación da burguesia e do imperialismo.

Ao dicir tamén de moitos medios de comunicación, esta manifestación foi unha grande, multitudinaria e colorida marcha de bandeiras comunistas, galegas e cubanas encabezadas pola faixa principal, unitaria, co lema de:

"Defender a Revolución Cubana é defender os dereitos humanos”.


Inmediatamente despois, e precedendo á faixa de Solidariedade cos Cinco Herois Cubanos presos en EE.UU, ia a xigantesca bandeira cubana portada e acompañada por militantes do Partido Comunista do Povo Galego (P.C.P.G) e por outros/as amigos e camaradas galegos e galegas.

Salientamos, como recolle tamén o portal informativo “Diário Liberdade”: ....”Chegando à praça da Galiza, espectacular despregamento de umha faixa do alto de um edifício, agradecendo a Cuba os 50 anos de sonhos e esperanças.... “Aplausos, cantos revolucionários, música rítmica de charanga durante todo o percurso com ambiente festivo e reivindicativo”.

Aínda que a presenza policial visible foi por esta vez inusualmente escasa, si houvo apupos, requerimentos e presións nos prolegómenos por parte das autoridades gubernativas para iniciar con estricta puntualidade a marcha, o que non se deu noutras mobilizacións celebradas nos últimos tempos en Compostela, seica co pretexto de facilitar certo evento deportivo.

A marcha concluiu na praza do Toural, onde os compañeiros/as Checho, Valentin e Ana deron lectura ao manifesto unitario (xa publicado anteriormente neste site) e mencionaron, unha a unha, a todas as máis de 40 organizacións que apoiaron esta movilización.

Co canto do Hino Nacional Galego e berros de apoio a Cuba Socialista, mais outros anticapitalistas e relativos á liberación nacional e Socialismo para a nosa Terra rematou a maior marcha de Solidariedade con Cuba que se recorda en Compostela desde a histórica visita de Fidel a Galiza no ano 1992.

Con Cuba, coa Revolución. Sempre!.
(Información tirada doutros medios+datos propios) [Voltar ao inicio desta nova]