Na foto: Eduardo Rico e Xurxo Rodriguez
Celebrouse en Compostela o
acto: "A CAÍDA DA URSS, 20 ANOS DESPOIS", no que interviron o xornalista XURXO RODRÍGUEZ, como presentador e moderador do acto, e EDUARDO RICO, profesor de Historia
Contemporánea da USC.
Como dixemos no anuncio publicado anteriormente, un acto que concitaba especial interese, tanto pola importancia do tema, como polas dúas
persoas que o conduciron, moi prezadas para nós, polo seu compromiso antifascista militante de
décadas,
e polo seu relevante papel no impulso do PCPG desde a súa criación.
Mais de 30 persoas démonos cita no local da Galería
Sargadelos, das que podemos salientar os dous cónsules e persoal da República de Cuba en
Galiza representado por Alejandro Fuentes e Dick Hernández, nun acto que tivo o contributo organizativo do colectivo
compostelá "Erich Hónnecker" e que contou tamén cunha presencia
significativa de compañeiras/os de diferentes colectivos internacionalistas,
sindicalistas e comunistas galegos; do activismo da solidariedade con Cuba e
con Palestina, entre os que se atopaba Alejandro Ruetter, brigadista na última flota internacional de apoio a Gaza e un dos protagonistas da acción de ocupación
da embaixada española en Atenas, neste mesmo ano.
Despois da magnífica e pormenorizada exposición do ponente e do conductor do acto, que incidiron
fundamentalmente acerca das causas internas (burocratismo, erros de conducción, exclerose e estancamento,
e outras insuficiencias ideolóxicas) alén doutras de carácter externo (rearme e
carreira armamentista impulsada polo imperialismo) abriuse un coloquio no que
participou unha boa parte das persoas que representaban estes colectivos, que
en liñas xerais centraron as súas argumentacións en expor (en algúns casos
desde posicións encontradas e diverxentes) a súa posición acerca das chaves
históricas da orixe ou causas da caida do que foi durante máis de 70 anos a máis
grande experiencia revolucionaria da historia da edificación do socialismo e da loita do
movimento obreiro. Ver video: