O PCPG APOIA O MANIFESTO UNITARIO POLA FOLGA XERAL
MANIFESTACIÓN: XOVES DÍA 27 DE MAIO ÁS 20 HORAS
NO CRUCE DE VÍA NORTE CON URZAIZ-VIGO
A suba do IVE, conxelación das pensións, rebaixa salarial aos empregados e empregadas públicas (moitos deles non son nin mileuristas), eliminación dos cheques-bebe, precarización das axudas de dependencia, ampliación da idade de xubilación e eliminación de supostos para a xubilación parcial, aumento dos anos de cotización, reforma laboral que incide na precariedade a piques de saír...e a día de hoxe non houbo unha contestación suficiente da clase obreira ante as medidas económicas e sociais que están aplicando os gobernos, e xa vai sendo hora pois a listaxe de agravios segue a medrar: política fiscal regresiva, privatización da sanidade e da educación, fondos públicos para os bancos, subvencións ás grandes empresas ao tempo que lles aproban EREs mentres fan horas extra, aumento progresivo da temporalidade que afecta sobre todo a mocidade e ás mulleres...
Dende que no ano 2008 comezou a falarse abertamente de crise económica, as organizacións asinantes vimos anunciando que estamos ante a crise dun sistema que non da para máis. Todas as medidas tomadas pola maioría dos gobernos mundiais foron ditadas polos executores reais do capitalismo (Fondo Monetario Internacional, Banco Mundial, Organización Mundial do Comercio, Unión Europea...) coa única finalidade de salvagardar os intereses económicas das clases poderosas. Unha inxente cantidade de cartos públicos foron investidos en darlle osíxeno aos especuladores que causaron este desastre, e xa van moitos na historia contemporánea, do sistema capitalista. A clase traballadora foi de novo sinalada como debedora, noutro capítulo de socialización das perdas e privatización das ganancias.
Temos que dar unha contestación contundente para demostrar que non imos someternos ás decisións arbitrarias do capital. As solucións a esta crise pasan porque as consecuencias as paguen os culpábeis. Os que asinamos este manifesto demandamos unha FOLGA XERAL como primeiro paso para recuperar a nosa dignidade e como primeiro paso para deixar ben claro que a clase traballadora non cederá nas súas pretensións: 35 horas semanais, xubilación aos 60 anos, eliminación das horas extra e reparto do traballo, banca pública, sanidade pública, ensino público, sistema impositivo que grave as rendas máis altas...
Facemos un chamamento público á mobilización social de cara a unha FOLGA XERAL cunha manifestación o vindeiro 27 de maio, en Vigo, ás 20 horas no cruce de Vía Norte con Urzaiz, unha folga que hoxe é máis necesaria que nunca, unha folga que non será un fin en si mesma, senón unha ferramenta para recuperar a iniciativa nas decisións que lle competen aos traballadores e traballadoras.
MANIFESTACIÓN POLA FOLGA XERAL
XOVES DÍA 27 DE MAIO ÁS 20 HORAS
NO CRUCE DE VÍA NORTE CON URZAIZ-VIGO
Convocan: CGT, CUT, Esquerda Unida, Esquerda Anticapitalista, PCPG, Redesescarlata, FPG, Adiante, Forza Republicana [Voltar ao inicio desta nova]