8 DE MARZO: DEFENDER AS CONDICIÓNS DE VIDA DA MULLER TRABALLADORA E DO POVO. REBELARSE POR UNHA SOCIEDADE MELLOR: O SOCIALISMO


8 DE MARZO: DEFENDER AS CONDICIÓNS DE VIDA DA MULLER TRABALLADORA E DO POVO. 
REBELARSE POR UNHA SOCIEDADE MELLOR: O SOCIALISMO

Mais que nunca en decenios asistimos ao agravamento e precarización nas condicions de vida da clase obreira e moi particularmente da muller traballadora, relegada a tarefas pouco cualificadas, humillada e agredida por un trato remunerativo desigual, pola precariedade e a inestabilidade ou sometida, de non ter traballo, en moitos casos á absoluta dependencia económica e a un xénero de escravitude que non poucas veces desemboca en violencia e maltrato físico e psíquico.
Na súa crise terminal, un capitalismo desaforado coa súa ofensiva reaccionaria en curso impón por toda parte códigos que só conducen á perda dos dereitos acadados no pasado coa sangue de mulleres e homes, mediante durísimas e prolongadas loitas. Ë o imperio do abaratamento de custes e do medre do beneficio, do crecemento desmedido da taxa de lucro e da disminucion implacabel dos investimentos estatais  e do "control do déficit público..."
Mais que nunca tamén fican ao descoberto as hipócritas políticas burguesas “para a muller” que, neste contexto, son meros lavados de cara dun sistema que dicia ofertar solucions para casi todo, mais que non serve para resolver ningún dos problemas de fondo da humanidade. As conquistas sociais do povo traballador e moi particularmente os avances da muller traballadora, os dereitos laborais e sociais derrúbanse como castelos de naipes, esa é a realidade arrepiante.
Os xestores do sistema de explotación que padecemos xa non saben como manter a ficción, fora da trama aparente de medidas sociais “para a muller” a intrincada selva de burós aparentemente destinados á solución dos “asuntos da Muller”, en abstracto, mentres se mantén a discriminación legalizada a todos os niveis.
Neste contexto, non é de extrañar a pervivencia de graves e danosos prexuicios ideolóxicos, de tipo burgués, extendidos como unha mancha de aceite a toda a sociedade e a reducción da cuestión “femenina” a tema recorrente nos mass-media das élites politiqueiro-intelectuais ou para charlas "progres".
Entretanto o verdadeiro debate que nos interesa sobre este tema, o debate aberto e honrado, é un desafío ao que a clase obreira e os povos asoballados como o noso teñen a obriga de responder con toda a batería ideolóxica revolucionaria, enfrentandonos nesta loita de ideas a un inimigo astuto, poderoso e implacabel, con grandes recursos para o engano e a confusión.
O PCPG considera que algúns dos peares desta loita ideolóxica pasa por:
-Loitar sen tregua pola asunción da igualdade real de dereitos (na casa, no traballo, na sociedade).
-Loitar decididamente pola superación real dos prexuizos sexistas a todos os niveis. Homes, mulleres e nen@s estamos, o saibamos ou non, contaminados pola ideoloxía dominante e temos que combater sen tregua a esa ideoloxía, tamén nese aspeito, dun xeito  permanente, contra as consignas e estereotipos emitidas polos medios de comunicación, centros de ensino e da igrexa.
-Visibilización da historia e a cultura proletarias, revolucionarias e feministas pois vivimos inmersos nunha cultura (a oficial) feita por burgueses e para a opresión de clase e de xénero e, que como tal, é parcial, incompleta, inxusta e falaz.
-Denunciar a hipocresía das institucións burguesas cando se pretenden defensoras da muller e dos falsos valores da obediencia, fraxilidade e tontería no ideario católico integrista que impera. Denuncia de tódos os demáis estereotipos capitalistas.
Un novo ser humán está a abrirse paso dende o ventre da humanidade en loita. Un ser humano cuio sexo define diferencias biolóxicas mais non pode implicar inxustizas nin desigualdades de dereitos.
Un ser humano que baixo o signo da emancipación da muller traballadora, debe de estar preparad@ para superar tamén a degradación da que a outra metade machista da humanidade é causa e víctima á vez.
Abaixo a barbárie capitalista e a opresión que produce en todas as súas formas!
Adiante a loita da muller traballadora!. Viva a loita da clase obreira!.
Adiante Folga Xeral Nacional Galega!!