

II Declaración da Habana (Fidel Castro): “En Punta del Este librouse
unha grande batalla ideolóxica entre a Revolución Cubana e o
imperialismo ianqui ”. Cuba representou aos povos e Estados Unidos aos
monopolios; Cuba ás masas explotadas e Estados Unidos aos intereses
explotadores; Cuba pola soberanía e Estados Unidos pola intervención;
Cuba pola nacionalización das empresas extranxeiras e Estados Unidos
polas inversions e pola ignorancia. En síntesis Estados Unidos estivo
pola agresión e a guerra, Cuba polo socialismo, a loita e a
independencia plena."
Para ler a Declaración completa premer aquí (hai que esperar un pouquiño). Está en português: "Download da PDF"

O evento foi organizado de
xeito conxunto polo PCPG, CN de Marín, a FPG, a FOGA e a Asociación de
Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”.
Fixo a intervención inicial o xornalista e compañeiro Xurxo Rodríguez saudando a
iniciativa unitaria das organizacións convocantes, apresentando o acto e os outros dous ponentes, cunha precisa e breve intervención
onde contextualizaba e xustificaba por razóns históricas e mesmo de actualidade este evento que se ia realizar en Marín (terra de orixen dos irmaos e herois da Revolución Cubana Frank e Josué Pais), dando paso de seguido ao tamén xornalista e compañeiro Gustavo Luca
que realizou unha extensa e detallada reflexión sobre o proceso
histórico no que se deu a II Declaración da Habana e a súa relación e
influencia con outras causas da libertación dos povos naquel momento histórico, facendo despois unha
referencia, na segunda parte da sua reflexión, a certos aspectos que
atinxen a temas históricos pouco divulgados ou manipulados/deturpados
polos media burgueses do sistema capitalista dalgunhas etapas da
construcción socialista, especialmente na URSS e outros procesos
revolucionarias e de libertación dos povos.
Pola sua banda o Cónsul Xeral de Cuba en Galiza, Dr. Alejandro Fuentes Hernández centrou
a súa a pormenorizada
intervención, seguida con moita atención, nunha primeira parte na que
fixo un repaso da historia e do
proceso libertador e anti-imperialista de Cuba desde insurxencia independentista contra a corona española e o intervencionismo ianqui até o triunfo
da
Revolución do M26-J; da orientación socialista deste
proceso
encabezado por Fidel e sobre todo do importantisimo pronunciamento da II Declaración (4 de
febreiro de 1962) aclamado por máis dun millón de asistentes na Praza da
Revolución
da Habana como resposta ás presións exteriores e
á ameaza contra-revolucionaria e criminal de EE.UU contra o povo
cubano. Era, en definitiva, a contestación
revolucionaria e rebelde do povo cubano fronte á manobra agresiva do
imperialismo ianqui e dos
seus aliados lacaios, que no día 31 de xaneiro excluiran a Cuba da Organización
de
Estados Americanos (OEA) na oitava “Reunión de Cancilleres” en Punta
del
Este-Uruguai.
Unha II
Declaración da Habana que se adiantaba ao futuro e ofrecía a grande leizón, exemplo e mensaxe de esperanza libertadora que Cuba estaba dando, mostrando que a Revolución era posibel e sobre
todo necesaria. Medio século despois a marcha dos acontecimientos ven a
confirmalo.
Concluiu a
segunda parte do seu discurso cunha exposición sobre o bloqueo decretado
polos USA contra Cuba, que era en realidade contra a VIA SOCIALISTA E SOBERANA CUBANA eque centrou especialmente na sua relación fraternal coa URSS
(malia certos desencontros); a
chamada “Crise dos misís” de Outubro de 1962 e o proceso histórico máis
recente coñecido como
“período especial”, sumamente crítico para a economia cubana como
consecuencia da caída da Unión Soviética
e do sistema socialista do leste de Europa hai 20 anos, que significara nos primeiros
momentos a caída do 85 % do seu comercio exterior, consecuencias que
chegan até o presente, mais que o povo cubano coa sua resistencia e firmeza revolucionaria vai superando
paulatinamente.