Chama ao povo e aos mandos militares a manterse en alerta. (Granma-Cuba)
"Non poderán deter o carro da revolución", proclamou o presidente venezuelano Hugo Chávez ao denunciar os planos para descoñecer os resultados da consulta popular do domingo e desestabilizar ao país diante dun inminente trunfo do Si á modificación constitucional proposta.
O mandatario revelou pormenores da chamada Operación “Pinzas”, patrocinada pola CIA e a oligarquía venezolana para fomentar sabotaxes na industria petroleira, a subministración de enerxía eléctrica e de alimentos á povoación e en xeral converter ao país nun caos, no caso de que se impoña a opción dos revolucionarios bolivarianos.
"Si activan a “Operación Pinzas” non sairá unha soa pinga de petróleo para os Estados Unidos", asegurou a dirixente no acto de peche de campaña, organizado polo Comando Zamora, que reuniu a centos de milleiros de simpatizantes na avenida Bolívar e noutras arterias do centro de Caracas no pechou a campaña polo Si á Reforma.
O que vote polo Si está votando por Chávez, o que vote polo Non, vota por Bush, dixo o principal promotor da reforma constitucional en alusión ao verdadeiro trasfondo da confrontación que se decidirá o domingo nas urnas.
Chávez así mesmo referiu o contido íntegro da última reflexión do Comandante en Xefe Fidel Castro (ver aquí) , na cual o líder da Revolución Cubana alerta ao mundo sobre a posibilidade dun magnicidio ou unha guerra civil en Venezuela e das graves consecuencias que iso implicaría para o mundo globalizado en que vivimos.
Perante tales realidades o mandatario chamou ao pobo a manterse vixiante o mesmo nas horas que restan para o referendo, como durante a súa realización e despois do mesmo e ordenou aos mandos das forzas armadas a estar en alerta para frustrar os plans inimigos.
Aclamado por unha multitude que constantemente lembraba consignas como "Non voltarán", "O povo unido xamais será vencido" e o familiar "Uh, ah, Chávez no se vá", o líder bolivariano asegurou que as forzas revolucionarias cada día medran máis no seo do pobo e dixo estar seguro do triunfo do Si, aínda que se ocorrese o contrario el sería o primeiro en recoñecelo.
Neste contexto a presidenta do Consello Nacional Electoral (CNE), Tibisay Lucena considerou como unha modalidade estrana o chamado a un "voto sen retorno" promovido por algúns sectores da contrarevolución e en tal sentido chamou unha vez máis ás organizacións políticas a aclarar se aceptarían ou non os resultados do referendo.
A principal autoridade electoral do país asegurou que, coa plataforma tecnolóxica dispoñible e os procedementos en vigor, o fraude electoral en Venezuela está desterrado, o cual foi recoñecido tamén en máis dunha ocasión por observadores internacionais.
Alertou que o CNE está preparado para actuar en caso de que se viole a normativa que prohibe a divulgación anticipada dos resultados do referendo.
Voltar ao inicio desta nova