...Imponse o principio, de novo tan en boga na sociedade moderna, de que a seguridade está por riba das liberdades. Por suposto, a seguridade desa pretendida “zona nobre” da cidade, que se quere turística, museificada e carente de vida (humana) propia, onde só son benvidas as turistas, consumidoras e clientas, para que gozen dos escaparates e do ocio comercial, onde a mellor comunicación sexa a da tarxeta de crédito.
As sospeitosas vendedoras ambulantes, en permanente conflito existencial coa Policía Municipal, e as habituais cabezas de turco que poñemos en cuestión a imaxe creada pola televisón de poboación democrática e de cidadanía moderna, debemos ser controladas e monitorizadas en todas as nosas actividades e movementos cando entramos nesas zonas.
A modernidade camiña cara a un urbanismo baseado na paranoia permanente. Precisa muros máis grandes, cámaras en todas as esquinas, máis policías (privadas, locais, rexionais, nacionais, europeas) e, en xeral, sistemas cada vez máis sofisticados de alarmas, seguridade, etc. A xente vive asustada, engaiolada, nas súas casa/pisos caixa forte e desprázase noutras caixas de metal a maior velocidade posíbel e illadas fisicamente dos “outros” (masa indefinida, rival polo espazo urbano e ameazante por descoñecida).
En defensa da súa opulencia cortan rúas, as urbanizacións fanse co paso restrinxido, os xardíns gárdanse baixo chave e poñen cámaras, moitas cámaras.
Constrúense cidades e realidades fundadas no artificial e no consumo masificado que reproducen o tipo de persoa obediente, materialista, solitaria e egoísta que o sistema necesita e quere crear. Sen lugares onde a xente poida atoparse, relacionarse, comunicarse ou asociarse para algo que se saia do guión, onde se cuestionen os seus planos do que é unha cidade moderna ou onde se lembre o pasado recente do que foron as relacións humanas.
É necesario facerlle fronte a estes permanentes cambios sociais fundados na invasión das novas tecnoloxías, na mercantilización de todos os aspectos da nosa vida e cos grandes medios de comunicación sensacionalista, corruptos e manipuladores coma únicos creadores de opinión e difusores de coñecementos. Estes medios tentan substituír as verdadeiras relacións humanas cada vez máis dificultadas polo ritmo frenético imposto na nosa existencia.
O espazo urbano só pode usarse para consumir (cousas, servizos ou lecer) pero todo perfectamente preaprobado, nos lugares que corresponde, manufacturado, empaquetado e mastigado.
Nós reivindicamos a cidade e, especialmente, as rúas peonais ou as prazas como espazos libres, verdadeiros espazos públicos onde ficar á marxe do consumo e do espectáculo do sistema, onde os seres humanos poidamos atoparnos, permanecer fronte á imposición capitalista do desprazamento continuo, onde poidamos expresarnos política e artisticamente, ou atopar formas de ocio á marxe da oferta oficial e comercial.
Non recoñecemos a rúa do Príncipe como centro comercial aberto, nin aceptamos que se nos someta a vixilancia permanente con cámaras ou outros medios.
Rebelámonos contra este sistema sen ética que non deixa de crear leis para violar os nosos dereitos individuais, para perseguir as opinións e as conciencias ou exercer un control absoluto sobre as nosas vidas e desexos.
Sectores enteiros da poboación somos considerados delincuentes potenciais: xente nova, radicais, inmigrantes, precarias, mendigas, toxicómanas, minorías relixiosas,...
Apoiados pola histeria que crean os medios de comunicación, os gobernos crean a ilusión de que as propias víctimas da represión piden máis policía, máis cárceres e máis man dura.
En última instancia, toda persoa entra agora na categoría de “Sospeitosa”.
G.A.S.
[Voltar ao inicio desta nova]