CHAMAMENTO DA ASEMBLEA ANTI-IMPERIALISTA: "STOP IMPERIALISMO MILITAR ESPAÑOL"

...Consideramos por tanto no PCPG que hai que retomar e concretar esta proposta e propoñemos, máis unha vez publicamente, a convocatoria das organizacións e colectivos anti-imperialistas, solidarios, pacifistas e antimilitaristas galegos a unha asemblea nacional para o estudo dunha posíbel Marcha Nacional contra a BRILAT e a guerra imperialista, desde Pontevedra a Figueirido.Nos comenzos deste 2008 xuntemos e organicemos as nosas forzas para exixir o cese destas operacións desde territorio galego contra a paz mundial e a soberanía doutros povos, asi coma o peche da BRILAT.

...............

MANIFESTO DA ASEMBLEA ANTI-IMPERIALISTA DE VIGO

"STOP IMPERIALISMO MILITAR ESPAÑOL!!!"

O Estado Español mantén a uns 3000 militares do seu exército como forzas de ocupación en Afganistán, Líbano e na ex- Iugoeslavia, ademais de pequenos destacamentos noutros países. A maior parte de estes soldados pertencen á BRILAT (brigada lixeira aerotransportable) co mando na “Base General Morillo”, en Figueirido, a 5 kms de Pontevedra.

A Brilat está equipada con armamento axeitado para as súas misións “humanitarias”: canóns sen retroceso, misís, lanzagranadas, e todo tipo de armas lixeiras e medianas. Todo é pouco para a represión e aniquilamento das forzas resistentes (incluída a povoación desarmada) á ocupación imperialista.

Os soldados-mercenarios que integran as forzas da brilat son na sua maior parte galegos, pero xa hai un 20% de latinoamericanos participando nas suas operacións.

Nas guerras en que leva participado apoiando ós ianquis e defendendo os intereses do capital, as baixas mortais do exército español xa van para 150; só en Afganistán, levan morto 85..., defendendo tamén a un governo títere de mafiosos traficantes de heroína. Son boas razóns polas que a mocidade do Estado Español non está disposta a alistarse, aínda cobrando unha paga de 4 ou 5000 euros por mes.

“A misión militar en Afganistán custoulle ó erario público 700 milllóns de euros desque principiou no 2002 con 140 efectivos (e agora son 690), esto é sobre un millón de euros por efectivo. E no caso de “Libertad duradera”, no Iraque, o gasto total da misión militar de 1300 militares ascendéu a 259.5 millóns de euros, que veñen sendo 200.000 euros por efectivo. Unhas cifras escandalosas se se considera somente o importe da misión militar que inclúe unicamente os honorarios das forzas armadas, a súa manutención e desprazamento de equipos”.

¿Qué intereses defenden as forzas militares españolas no Líbano, Afganistan e demais países ocupados? Os da banca, as petroleiras como Repsol, as posicións do capital español no mercado de importación e exportación de capitais e mercadorías. Iso é o que significa, nen mais nen menos a soada “salvagarda da seguridade internacional” coa que se lle enche a boca aos políticos dos governos Ppeiros e Psoístas.

Non queremos mais matanzas e saqueos das forzas imperialistas nos países ocupados!

Non queremos pagar mais impostos para que os mercenarios defendan as ambicións dos que nos explotan! Debemos expresar a nosa protesta diante das portas dos cuarteis coma o de Figueirido,

que saiban que nós non somos cómplices dos seus crimes. Non queremos a BRILAT na Galiza nen en nengunha outra parte! Disolución das forzas de ocupación.

NENGÚN/HA GALEG@ PARA A BRILAT!

FORA TROPAS ESPAÑOLAS DE AFGANISTÁN, LIBANO, E KOSOVO!

ASEMBLEA ANTIIMPERIALISTA DE VIGO

Voltar ao inicio desta nova