O FORO DA MOCIDADE DE VIGO INICIA UNHA CAMPAÑA A PROLO DA NOSA LINGUA

(...) O Foro da Mocidade informa da nova campaña que pon em marcha para o presente curso: unha campaña pola nosa língua que volte a por no debate social a morte silenciosa do noso idioma como língua de uso social. Esta campaña vaise desenvolver a través de institutos, faculdades e lugares de socialización habitual da xuventude.

Obxectivos:

– Fomentar o asociacionismo xuvenil ao redor desta problemática.

– Apresentar o monolingüismo social como única saída viábel para o futuro do idioma.

– Xerar espazos de debate sobre esta custion

– Centrar a campaña na cutión do uso social e non na normativa (RAG/AGAL).

A campaña desenvolverase coas seguintes iniciativas:

– Realización de palestras em institutos e faculdades.

– Edición de colantes e cartazes coas diferentes reivindicacións.

– Realización de murais.

– Denunciar as agresions que se deam às persoas galego-falantes nos centros de traballo e ensino.

O Foro da mocidade de Vigo anima ao resto da xuventude galega a organizarse en entidades amplas que deam pé ao trabalho conjunto nesta custión en cada comarca do País.

- Caixa dos correios:: forodamocidadevigo@hotmail.com

[Voltar ao inicio desta nova]