O acordo da autoridade portuaria de Vigo de renovar inxustificadamente a prórroga das obras do porto deportivo non constitúe ningunha sorpresa especial: continúan coa súa prevaricación continuada, mentres que nós teremos que seguir tamén coa nosa loita, vixiancia e denuncias ate lograr que a facerlles pagar as súas graves agresións e evidente falla de respecto das leis, así como as consecuencias das súas decisións arbitrarias sobre a economía e o medio ambiente da ría de Vigo.
Vemos tamén como a alcaldesa de Cangas renuncia a defender os nosos intereses, mostrando cada vez máis abertamente a súa posición favorable ao porto deportivo (despois de asinar un acordo de goberno cos outros dous grupos -ACE e PSOE- que se opoñía ao porto nas condicións actuais e sen que houbera o máis mínimo cambio nel!), apoiandose nun informe da secretaria municipal ao que o Foro pola Defensa do Povo tivo acceso e que podedes descargar [aquí]
Pois ben, sen ter aínda un contrainforme completo, chamanos poderosamente a atención que ao citar a lexislación aplicable, mencione a lei 27/1992, de Portos do Estado e da Mariña Mercante, e non cite a 48/2003 de réxime económico e de prestación de servizos dos portos de interese xeral, que é unha renovación lexislativa da anterior.
Ignorancia?, ocultación deliberada?. Formulada a pregunta por un compañeiro no último pleno, a alcaldesa reafirmase na súa teimosía sobre a importancia de quén asina os informes, como se as leis non estiveran ao alcance de todo o mundo e non se puidera debatir libremente a súa correcta aplicación. No concello de Cangas xa temos longa experiencia de onde nos pode levar esa manipulación dos informes. E na autoridade portuaria tamén.
Mentres a data do día 7 de abril permanece, se non hai máis novidades, como unha nova ameaza de inicio das obras, os viciños, todo o povo de Cangas temos que seguir vixiantes para tratar de impedir esta brutal agresión. [Voltar ao inicio desta nova]