As fotos que acompañan a este texto dan medo e demostran o indefensos que estamos os cidadáns de a pé contra os gobernates.
Eses gobernantes que se pasean en limousiñas por Galiza adiante e que visten traxes de Armani cos nosos cartos deberían de escoitarnos e non taparnos a boca con porrazos. Onde está o talante do que presumen estes socialistas de pacotilla?. O socialismo a eles fícalle bastante lonxe, agás que por socialismo se entenda enchelos petos.
Fai anos zoupáronnos en Madrid polas manifestacións contra a guerra de Aznar. En Compostela, Fraga berraba para que entraran os antidisturbios e nos zouparan tamén. Agora é Touriño o que leva soldados para amedrentarnos.
Ai, o mundo está do revés: aos que lles toca "defendernos" só lles preocupa defenderse das nosas únicas armas, que son os nosos berros, os nosos laios e as mans en alto.
Non merecen ter unhos votantes coma nós. Porque estar á intemperie pedindo pola terra ferida non o fai calquera, hai que quererlle moito. O máis doado sería calar e ficar na casa ao quente, porén aí estabades pedindo que vos fixeran caso, por todos, por eles tamén.
¡NON A MACROPLANTA DE TRATAMENTO DE RESIDUOS DE TODO O SUR GALEGO NO CORAZON DO RIBEIRO! [Voltar ao inicio desta nova]