Nesta data tráxica para o Mobemento Obreiro Galego, a cruel represion causou varios feridos de bala e posteriormente prodúcese a detención de mais de un cento de compañeriros e compañeiras.
O seu único delito fora: a defensa de un salario digno, menos horas de traballo e mais liberdade.
Para a Central Unitaria de Traballadores o 10 de Marzo de 1972 acada unha dimensión histórica emblemática, por canto a clase obreira galega ten conciencia da súa dimension colectiva extendédose a solidariedade no conxunto de Galicia como resposta a represión desatada polo fascismo.
Pasados 35 anos e coincidindo coa xornada post-electoral os traballadores galegos seguimos a enfrontar situacion similares de sobre-explotacion: salarios baixos, precariedade, xornadas e ritmos de traballo extenuantes.., nas que o capitalismo neoliberal aumenta día a día os seus beneficios sin importarlle o mais mínimo a alta taxa de siniestrabilidade laboral e morte como consecuencia dos continuos accidentes de traballo.
Si daquela a respota do fascismo, falaba de subversion comunista e de terroristas que pertubaban a paz, tamén hoxe en plena escalada imperialista e ultraliberal, xurden voceiros do sistema aplicando os mesmos termos cando estamos a defender os nosos postos de traballo e a loitar por unhas condicions de vida dignas.
Por outra banda o denominado "talante social" de Zapatero, con xestos mediáticos e demagóxicos de distintas leis como a de igoaldade, dereitos dos homosexuais e da muller, acabou sacando a careta, pois nunca deixou de ser un xestor do gran capital. Os indicadores económicos; IPC oficial do 2007 pechado 4,2 %, a crecente taxa de desemprego ou a loucura hipotecaria, son os anunciadores dun final próximo da "exitosa etapa" do crecemento económico no Estado Español. A nivel real, mais alá dos datos macro económicos, a clase obreira está nunha deriva sen precedentes coa contratación temporal e en precario é a máis alta da Europa.
A instauración do estado de excepción en Euskadi logo da falacia sobre a negociacion politica fai presaxiar unha nova, longa e dolorosa etapa, aberta pola irresponsabilidade dos poderes do Estado, recortando as libertades públicas e negando unha ves máis o dereito democrático dos pobos a decidir o seu futuro, en definitiva o dereiro a autodeterminación
En Galicia, a xestión da nova Xunta foi a proxección en negativo e "á galega" do que foi a política no Estado español. O timoratismo autonomista do BNG, tanto no referente ás políticas sociais como ás nacionais, e o descaro de escaparate do PSOE, limitáronse a escenificar "o novo talante" en Galicia, sen profundizar no máis mínimo, nas grandes eivas que sofre o País.
Do PP xa nin sequera mencionamos a súa posición claramente reaccionaria a todos os niveis e en sintonía co seu pasado fascista.
Tendo en conta esta situación a Central Unitaria de Traballadores tomando como referencia a data do dia da clase obreira galega fai un chamamento a todos os sectores obreiros e de esquerda para construír un novo sindicalismo de clase e unha alternativa que nos permitan avanzar e conquerir un Marco Nacional de Relacions Laborais en paralelo a Autodeterminación como pobo nunha Galicia ceive e sen explotación.Manolo Camaño
(Secretario Xeral da CUT)
[Voltar ao inicio desta nova]