CAMARADA E AMIGO MUNTXARAZ, ATÉ SEMPRE!

[Vieiros/axencias/PCPG]O histórico militante independentista e comunista Ramom Muntxaraz finou este domingo en Compostela aos 61 anos de idade, logo de padecer nos últimos meses unha grave doenza. No dia de mañá dia 1 de Xullo vai ser soterrado no cemiterio de Boisaca en Compostela
Nado hai 61 anos en Toledo, chegou a Galiza a finais dos 70 logo de gañar unha praza de psiquiatra no Hospital de Conxo.
Pouco tempo despois de chegar ao país comezou a súa militancia da man da Unión do Povo Galego. Con esta organización participaría no nacemento do BNG en 1982. Catro anos despois participaría na creación do Partido Comunista de Liberación Nacional, unha das organizacións que en 1988 conformaría a FPG. Muntxaraz pasaría posteriormente á APU até a disolución desta formación.
Ainda que na actualidade non militaba en ningunha formación política, seguía a colaborar con plataformas políticas como é o caso de Causa Galiza.A súa militancia e compromiso activo coa soberanía e independencia de Galiza e a causa dos traballadores foi e seguirá a ser exemplo da nosa irrenunciabel loita común. Os comunistas do PCPG expresamos o noso recoñecemento á memoria deste extraordinario patriota e revolucionario galego. Co seu exemplo de entrega estamos seguros de VENCER!.
[Voltar ao inicio desta nova]