UN PROTESTO XUSTO E IMAXINATIVO DO POVO DE REDONDELA

V.M Fuentes Viano/axencias

Como veñen facendo dun tempo a esta parte, numerosos/as membros a Plataforma Cidadá de Redondela contra a Autovía acudiron ao Pleno ordinario do Concello tentando denunciar e representar ante a opinión pública a desfeita do rural e o seu estilo de vida co fomento de obras tan destructivas coma as autovías. A intención desta iniciativa consitía en reivindicar o rural de Redondela, o máis afectado polas obras do AVE e pola Conexión da A-57 con Peinador.

Así acudiron ao Pleno caracterizados/as de labregos/as, cas nosas ferramentas de traballo, as súas hortalizas, animais, galiñas, coellos, alpacas, pes de millo coles e viña, sulfatadoras, etc. Entre os asistentes estaban ademáis membros/as da Plataforma Cidadá, Asociación de Naseiros de Pontesampaio, Veciños do Escredo (O Viso), de San Estevo de Negros (polo do AVE), de San Martiño, de Rebordea..

Semella que aos do governo municipal non gostou moito da protesta, e no próximo Pleno pensan non consentir que o publico acuda con apeiros de labranza, nin argalladas que den pe ou sinais de que se vai producir unha protesta. O alcalde di estar canso e anima ós desagradecidos colectivos a facer, eles, as xestións oportunas, directamente ante Fomento, Madrid, etc. Nas súas declaracións radiofónicas di que responsabiliza a un colectivo dos actos de protesta e advirteu que acudirá o xulgado de producirse feitos semellantes no futuro.

Para moitos veciños asistentes ao pleno acontecido onte, “foi a ostia”. Non é a primeira vez que acudimos o pleno e sempre tentamos manter a calma, mais é dificil que que unha persoa que lle ocupan as terras polas bravas, ou non poden durmir polos traballos das obras, etc mentres o Concello se declara incompetente para defender os intereses públicos e veciñais, se conteña resignadamente e non amose o seu enfado reventando o pleno, sen que este acto fose deliberado ou premeditado por ningunha das asociacións asistentes nin dos seus membros. No pleno escoitaronse berros de “o povo unido xamais será vencido, ou ”Autovía non, queremos solucións”· Etc.

“O Povo é quen máis ordena!” [Voltar ao inicio desta nova]