INFORMACIÓN SOBRE OS ACTOS DE HOMENAXE AO “CHÉ” GUEVARA EN OLEIROS

INAUGURACIÓN DAS XORNADAS:

Venres 27 de xuño ás 20:30 h no Auditorio do Centro Cultural “A Fábrica” de Perillo, conferencia con Camilo Guevara, fillo do heroico guerrilleiro.

Exposición na Fábrica dunha colección de cartaces cubanos relativos ao “CHÉ” reunidos polo Concello de Oleiros.

Do 23 ao 29 de xuño, na Casa Charry (Oleiros), exposición pictórica e escultórica de artistas cubanos.

INAUGURACIÓN DO MONUMENTO AO CHÉ GUEVARA

Sábado 28 de xuño de 2008 ás 12:00hs. Na rotonda Nirvana, á beira do Parque de Nirvana en Bastiagueiro (Perillo)

Conxunto escultórico de 10 metros de altura realizado polos artistas cubanos Juan Quintanilla e Karoll Willian.

Na inauguración estarán presentes Camilo Guevara, representantes do Goberno de Cuba e persoeiros do mundo da política e a cultura. [Voltar ao inicio desta nova]