VENTRES, 6 APRESENTACIÓN DO LIBRO "ALBUN DE GUERRA"

O venres, 6 de xuño, ás 8 da tarde, na Galería Sargadelos, rúa da Oliva en Pontevedra, terá lugar a apresentación do libro Álbum de Guerra. Canteiros da Terra de Montes no exército popular da República.
Nesta publicación, un vello cenetista de Cerdedo, Roxelio Arca Rivas, amósanos toda unha colección de fotografías que Roxelio tomou coa súa cámara fotográfica na fronte de Madrid no ano 1937; estes negativos conservounos estes setenta anos nos que, con toda dignidade, tivo que sufrir a represión do réxime franquista. Non só conservou as fotos senón escritos que nos achegan ao horror daquela guerra.

Esta impagabel documentación complétase cun documentado estudo do historiador Dionisio Pereira que enmarca a participación de moitos traballadores da Terra de Montes como milicianos do exército popular republicano.
A publicación, magnificamente editada pola Difusora de Letras, Artes e Ideas e a asociación Verbo Xido, constitúe un documento imprescindibel na recuperación da memoria da guerra.
Sempre con Vós. Cidadanía pola Verdade de Pontevedra e Verbo Xido de Cerdedo, convidan a toda a cidadanía pontevedresa a asistir a este acto no que intervirá Dionisio Pereira e terá lugar a proxección de fotografías de Álbum de Guerra.

Roxelio Arca con compañeiros, na frente de guerra
+Ver reportaxe en La Opinión

[Voltar ao inicio desta nova]