Numha conferencia de imprensa coa presenza de Pedro Alonso e Charo Lopes, integrantes da Portavocia da Causa Galiza, o colectivo apresentou hoxe, na Galeria Sargadelos de Compostela, a manifestación que convoca este 25 de Xullo, mais un ano, a todo o soberanismo de esquerdas galego.
Charo Lopes destacou a “necessidade de estender os posicionamentos do movemento soberanista perante o debate estatutário”, xa que este é “cativo” e coa axenda “marcada por España”, carente de auténtico debate. Por esta razón, un dos obxectivos de Causa Galiza é contribuir, mediante a difusión das asembleas comarcais, a ese debate que se revela necesario para o país.
Pola sua banda, Pedro Alonso subliñou que no actual contexto na Galiza, con “ataques como o TAV, as agresións ao sector pesqueiro, ENCE”, etc. o único camiño é “un discurso coerente en defesa do dereito de autoderminación”. Asi, “Causa Galiza considera preciso que no Dia da Pátria se fale claro sobre soberania nacional”. Tamém afirmou que “a crise que a acción de governo non frea pode ter consecuencias moi duras para a clase traballadora galega” e lembrou que a Causa Galiza vai estar dedicada “à defensa activa da nosa realidade nacional em todos os ámbitos”.
Causa Galiza entende que a consecución do recoñecemento legal da nosa realidade nacional e dun grao de benestar só é posíbel a partir dun cadro xurídico-político própio. Torna-se mais necesario do que nunca asumir e espallar unha consciencia crítica a respeito da realidade que nos rodea. Denunciar activamente as desigualdades sociais que apresenta o omnipotente e omnipresente capitalismo, asumirmos a volta a umha resistencia activa e firme da nosa língua, cultura, territorialidade, meio natural… como cerne de um proceso real de afirmación e autodeterminación nacional. Devemos, pois, hastear unha vez mais a bandeira da estrela vermella. [Voltar ao inicio desta nova]