DISCURSO DE DAVID NIEVES BANCHS, CÓNSUL XERAL DE VENEZUELA EN GALIZA

[Ven da páxina de incio]

(...) Aos eventos asistiron os representantes consulares da República de Cuba, Alejandro Fuentes Hernández (Cónsul Xeral de Cuba en Galiza) e Miriam Arestuche, así como unha representación da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, ademáis doutros representantes consulares e persoeiros da vida política e social galega e doutros ámbitos sociais e profesionais.

No acto do Verbum non faltou a música, animada polo grupo Tricolor que, coas súas cancións e sons musicais, que foron acompañadas pola danza espectacular dun grupo de baile tradicional venezuelano, animaron a todos a rumbear e bailar. A alegria venezuelana fíxose dona da sala o seu espírito espírito, vistoso, llanero e caribeño e todos nos deixamos levar pola maxia da música e a danza, protagonizada por artistas quen a pesar da súa mocidade cautivaron co seu arte, vistosidade e espectaculaidade, ao público asistente.

Paralelamente, como anunciamos fai dias nesta web, entre o dias 8 e 11 estivo presente unha magnífica exposición fotográfica e audiovisual intitulada “Venezuela indígena: Universo sonoro. Venezuela Valija Cultural”.

...........................................................................................................................................

DISCURSO PRONUNCIADO POLO CÓNSUL XERAL DE VENEZUELA EN GALIZA, DAVID NIEVES BANCHS


“O CINCO DE XULLO DE 1811”

Todo o universo obedece ao amor, amar é unha decisión, non un sentimento; amar é un verbo, unha entrega e o froito desa entrega é o amor. Non me atrevo a dicir a partir de cando o libertador comezou a amar a súa patria, só sabe cando ama o que ama, porén non importa, o que interesa hoxe é dicir e saber que amou a súa patria con devoción e con axigantada loucura chea de fogo , de calor humano e de optimismo. A Patria de Bolivar non eran eses tres mil kilómetros de costa, a patria de Simón Bolivar era América. Só acadou a liberar cinco nacións: Colombia, Ecuador, Perú, Bolivia e Venezuela e non puido máis, levouno a traizón e a tuberculosis. Non tivo límites, o seu límite era a morte. Mentres puido ocupou espazos, percorreu chairas, mares, montanas, abriu sucos, abriu pétalos e cando non puido co seu pensamento, sigueu percorrendo consciencias e hoxe en dia as súas ideas permanecen loitando nas batallas que libran os povos pola súa verdadeira independencia.

Hoxe 5 de Xullo celebramos a Declaración da Independencia, celebramos a continuidade do 19 de Abril. O 5 de Xullo de 1811 érguese sobre a figura de 41 congresantes, cando o presidente desa constituinte, o deputado Juan Antonio Rodríguez Domínguez “declara solemnemente a independencia absoluta de Venezuela”, acto que foi aplaudido polo povo nunha manifestación encabezada por Francisco Miranda, insigne patriota do mundo.

As 8 estrelas soberanas que se atopan enarboladas no noso pabillón tricolor, reflicten as 8 provincias que se libertaran do xugo español. As outras provincias, non menos valentes, permanecían baixo o control da realeza. Foi así, como xunto a falsas promesas, apareceron todas as cadeas do xugo, liderizadas polo rei, persoeiro divino ao que debiamos obedenza e respecto, sendo este o representante do despotismo e o abuso.

España deixaba de ser a orixe da civilización e pasaba a ser responsable da nosa ignorancia, atraso e miseria. Dixo o libertador: “300 anos non bastan” e comezamos unha guerra que aínda non remata. Non abondou Urica, Mucuritas, Pantano de Vargas, voltan Caras, La Puerta, San Mateo, La Victoria, Lago de Maracaibo y Carabobo...Non abondaron Junín, Boyacá, Pichincha, Ayacucho. Iso non abondou porque a un colonialismo suplantouno outro, máis criminal, máis voraz, máis ambicioso, como o é o imperialismo norteamericano, co cal temos rachado. E despois de ternos expropiado o noso petróleo durante 100 anos, tamén explotaron de maneira indiscriminada o ferro, o níquel, o aluminio, o ouro. Até que dixemos: xa non, basta, fora de aquí. E o presidente Hugo Chávez, coa súa xestión bolivariana devolveulle ao povo venezuelano o que era seu: as súas grandes riquezas. E botámolos incluso das bases militares e misións que instalaran no noso país. Esa foi a nosa principal acción de liberdade e soberania. Aprendemos a gobernarnos sen eles, sós, co povo, sen ter que renderlle contas ou pedirlle permiso a Fernando VII ou ao tio Sam. Entón, comenzamos a administar as nosas riquezas e a decidir con quen queríamos establecer alianzas e quen serían os povos amigos. Por iso somos amigos do povo e do Goberno Cubano.

Foron moitos anos de guerra contra a realeza, que nos deixaron centos de mortos. Mais chegou a liberdade e con ela comenzou a nacer algo novo baixo o ceo. Hoxe, escoitese ben, non somos nin máis nin menos independentes, non somos nin máis nin menos soberanos. Somos simplesmente “verdadeiramente libres e soberanos”, e queremos a nosa patria defendéndoa coa vontade e o corazón. Agora o noso petróleo perténce-nos, é noso, é de todos os venezuelanos.

É importante salientar que o noso presidente Hugo Chávez, de 9 eleicións realizadas gañou 8 sendo un dos presidentes máis ratificados no seu cargo, de maneira democrática ante a historia.

Temos comenzado unha longa pelegrinaxe, cos nosos nenos, e co povo venezuelano, até rematar cos analfabetos. Isto fíxose coa solidariedade do povo cubano.

Hoxe somos un país sen analfabetos. Aumentamos a matrícula escolar. Este ano houvo un 15% máis de inserción escolar, que o ano pasado; os nosos fillos van máis á escola con un índice moito menor de deserción, porque o Estado garantízalle a comida, a roupa e non pagan matrícula. O goberno criou e fundou novas escolas, novos liceos, novas universidades, xa desapareceu aquel país de ignorantes e os pobres serán profesionais do mañá. Temos ampliado a nosa cultura, convertímonos en exponentes da pintura, a poesía e da sonora batuta de Gustavo Dudamel, que retumba nos oídos dos fillos de Beethoven.

Tamén se avanzou no sector da saúde. Os cidadás, que antes tiñan que pagar para disfrutar de boa saúde, hoxe recibe-na de valde por parte do Estado nas misións de Barrio Adentro e a Misión Milagre. Os que antes non podían sorrir, porque a timidez os aflixia, agora, por medio da misión sorriso, que cobre todo o servizo odontolóxico, rinse a gargalladas, grazas a esta Revolución Bolivariana.

Ao mesmo tempo temos ido mellorado a vivenda rematando cos ranchos, avanzamos lentamente, mais pouco a pouco é unha realidade que imos acadando ante tanta pobreza na que se vivía, e que na que aínda vive o noso povo; o noso pasado foi de pobreza crítica, de indolencia, de miseria, queremos erradicala e cada vez son menos os venezuelanos que viven nesta situación, grazas á ambiciosa xestión habitacional do Goberno.

Temos acadado baixar a taxa de desemprego, do 25% ao 7 %. E estamos combatendo con firmeza á delincuencia e ao narcotráfico. Podemos seguir sinalando centos de logros, mais remato con este: temos elevado o salario mínimo 800 Bs.F., sendo o máis alto de América Latina.

Sen un 5 de Xullo non houbese existido unha batalla de Carabobo, e estes fitos da historia venezuelana déronse grazas á participación de heroes da talla de Francisco Miranda, Antonio José de Sucre, o mestre Simón Rodríguez e Simón Bolivar, o Pai da Patria, quen xunto a tantos outros forman parte desta Venezuela plena de liberdade e soberanía.

Patria ou morte!. Venceremos!

[Voltar ao inicio desta nova]