A terceira edición de Revela que desenvolvese do 4 ao 27 de xullo en diferentes espazos do Concello de Oleiros
Durante estos casi trinta anos de goberno da Alternativa dos Veciños no Concello de Oleiros foron innumerabeis os exemplos de unha maneira de sentir e facer política socialmente comprometida coas causas máis desfavorecidas e inxustas que se dan en calquera parte do mundo.
REVELA, Foro Internacional de Fotorreportaxe e Sociedade, é unha ferramenta máis que o grupo de goberno do Concello de Oleiros pon a disposición de todos os seus viciños e veciñas para denunciar as barbaridades que están a ocorrer en distintas partes do planeta.
Os que tivemos a sorte de nacer nun denominado país do Norte, ás veces esquencemosnos que existen outros lugares onde malviven persoas que na maioría dos casos non teñen nin a condición de cidadáns, que non son máis que vítimas de un desaxuste mundial provocado por unha inxusta distribución da economía, por unha grande corrupción gubernamental e por padecer constantemente grandes desastres mundiais en moitos dos casos de tipo natural (volcáns, terremotos, maremotos, etc,) pero en moitos outros, catátrofes provocadas polo home.
Aínda que somos conscientes de que son moitos os esforzos que se teñen que facer para que estas inxustizas polo menos disminúan, Alternativa dos Veciños, non quere eludir a súa responsabilidade de defender e facer unha política solidaria e comprometida, desenvolvendo accións dirixidas a facer unha forte incidencia política e social.
A terceira edición de Revela que se desenvolve do 4 ao 27 de xullo en diferentes espazos do Concello de Oleiros, ten como eixo central da exposición o desequilibrio medioambiental motivado pola acción do home, fundamentalmente por motivos políticos e económicos.
O pasado día 4 de xullo inaugurouse o certame Revela 08 no Parque José Martí con máis dun cento de persoas que acudiron ao noso municipio de diferentes cidades, vilas e povos Galegos motivados pola beleza dunha exposición fotografica e pola identificación co compromiso que se sinte en Oleiros para descobrer cada unha das fotografías que conforman a exposición. Persoas que pertencen a diferentes sectores da sociedade: representantes de ONG, sindicatos, entidades veciñais e culturais, fotografos e reporteiros de distinguido recoñecemento, escritores, xornalistas, etc que ven en Oleiros un exemplo de concello solidario. [Voltar ao inicio desta nova]