MULLERES CON MEMORIA. EXILIOS FEMININOS

O próximo fin de semán día 19 e 20 de xullo celebraránse na Illa de San Simón unhas xornadas que teñen como protagonistas a voz de seis mulleres que viviron o exilio. Joaquina Dorado, Mariví Villaverde, Dora Carcaño, Carmen Tagüeña Parga e Silvia Mestre Blanch participarán no encontro "Mulleres con Memoria. Exilios Femininos", coordinado por Aurora Marco.

Segundo di a propia Aurora Marco na introducción do tríptico co programa:

"A sublevación militar do 36 trouxo, para moitas mulleres, alén dos fusilamentos, do cárcere, da dor pola perda de seres queridos, da inhabilitación, das multas e requisas para as que aquí ficaron, da perda de ilusións, en definitivo, o sufrimento que acompañou a tráxica fuxida a través das fronteiras de Portugal ou de Francia cara América, para aspirar á liberdade que se lles negaba dentro da súa terra. Un desarraigo violento, duro, unha longa historia de desterros adubiada de incertidume, de humillacións, de penurias, de estrañeza e soedade na procura da supervivencia.

No conxunto da extensa bibliografía sobre o exilio elas son as grandes silenciadas, as perdedoras por dupla partida, as esquecidas, malia ter afrontado os mesmos riscos e penalidades que os homes. Algunhas participaron de forma activa na loita –na fronte ou na retagarda– e, xa na posguerra, na resistencia; outras seguiron os seus homes e viviron un longo exilio. Soas ou coas súas familias petaron nas portas do mundo e viaxaron co fardel da (des)esperanza para se entregar nos países de acollida a diversas actividades.

Moitos destes exilios femininos contáronos as súas protagonistas: en Galicia o memorialismo do exilio débelle moito ás mulleres. A través dos relatos autobiográficos que nos deixaron, non só falan delas senón tamén doutras protagonistas daquel éxodo masivo, nun exercicio de solidariedade femenina do que tanto aprendemos. Mais tamén queremos escoitar a súa voz. Nas políticas públicas da Memoria, as mulleres teñen moito que contar. Este é o obxectivo dos Encontros: alén da merecida homenaxe, as súas palabras, a súa memoria virán suplir ese baleiro histórico demasiado prolongado no tempo".

ESTRACTO DO PROGRAMA:

Día 19

17:00 Inauguración oficial.

17:30 Aurora Marco: O fardel das exiliadas polos camiños

da liberdade e da dignidade.

18:00 Joaquina Dorado Pita: Testemuño dunha

libertaria polas rotas do exilio.

19:00 Carmen Tagüeña Parga: Todo o mar é mar.

O exilio da familia Tagüeña Parga

20:00 Coloquio

Día 20

10:00 Dora Carcaño Araúxo: Con María Araúxo,

A Guerrilleira: da clandestinidade a Cuba.

11:00 Mariví Villaverde Otero: Unha muller con tres exilios.2:00 Descanso

12:30 Mª Teresa Cristina Alvajar López: A memoria viva

das mulleres da familia Alvajar López.

13:30 Coloquio

16:30 Silvia Mestre Blanch: "Madréporas", un lazo con miña nai

17:30 Antonina Rodrigo: A recuperación de historias de vida

de exiliadas.

18:00 Coloquio

18.30 Clausura.

[Voltar ao inicio desta nova]